O Goberno de coalición bota a andar “para impulsar políticas transformadoras e afrontar con valentía os retos de Santiago”

María Rozas é a primeira tenenta de alcaldesa e asume as competencias de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude
  • Xan Duro é o novo concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais

María Rozas é a nova concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, ademais de primeira tenenta de alcaldesa; e Xan Duro asume as competencias de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais no Goberno de coalición presidido por Goretti Sanmartín. Anunciárono hoxe en rolda de prensa a portavoz de Compostela Aberta e a nova alcaldesa, que reiteraron a vontade compartida de CA e BNG para impulsar políticas progresistas e transformadoras en Santiago durante os próximos catro anos. 

Tal e como se recolle no decreto asinado pola alcaldesa, María Rozas terá delegadas as competencias de Promoción Económica, Comercio, Emprego, Políticas Sociais, Diversidade, Economía Social, Maiores, Saúde, Unidade de Atención ás Migracións, Cooperación ao Desenvolvemento, Xuventude e Orzamentos Participativos. Pola súa banda, Xan Duro asume as competencias de Mobilidade, incluidos os servizos da ORA e o guindastre e a xestión de TUSSA; Policía Local, Protección Civil, Servizo de Extinción de Incendios e Emerxencias, Mercados, e Centros Socioculturais. Tanto María Rozas como Xan Duro fan parte tamén da Xunta de Goberno local, que hoxe celebrou a súa primeira reunión neste novo mandato.

María Rozas recoñeceu a satisfacción de Compostela Aberta co reparto de áreas, “que é o mellor para o bo funcionamento do goberno, e tamén acaído para os perfís dos concelleiros e concelleiras, en particular para os de CA que temos experiencia nas áreas que asumimos”. Así, a portavoz municipal incidiu en que “Xan Duro terá responsabilidades en materia de Mobilidade, que entendemos que é un dos principais retos que ten por diante Santiago, con cuestións que requerirán unha resposta urxente como o do novo transporte urbano”. O edil tamén se encargará dos Centros Socioculturais, “un departamento que CA considera moi importante, moi apegado ao territorio, e que temos vontade de reimpulsar para aproveitar o potencial destes equipamentos”. En canto ás súas competencias, María Rozas explicou que é a súa intención “avanzar nas Políticas Sociais, de maneira coordinada cos departamentos de Promoción Económica e Emprego”. A tenenta de alcaldesa reiterou que “Compostela Aberta traballará a reo no novo Goberno, coa alcaldesa Goretti Sanmartín, para impulsar políticas transformadoras en Santiago e para afrontar con rapidez e valentía os retos que tén por diante Compostela”.

Arquivado en:Compostela Aberta
Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo