O goberno local estudará de urxencia as posibilidades para atopar unha solución que mellore o servizo de autobuses urbanos

Considera que os recursos do contrato do transporte evidencian a ineficacia do PSOE para realizar os pregos

O goberno municipal de Santiago de Compostela destaca que a resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública (TacGal) de estimar parcialmente tres recursos contra os pregos de contratación da xestión do servizo público de transporte urbano é unha proba da ineficacia do goberno saínte do PSOE con claras repercusións negativas para o conxunto da poboación. Trátase dun atranco que atrasa a posta en marcha do novo servizo de transporte urbano.

O novo goberno local traballará con toda a dilixencia para arranxar o proceso da licitación do concurso co obxectivo de que o novo servizo de transporte responda ás necesidades da veciñanza. Lembra que o anterior goberno socialista iniciou a licitación do servizo do transporte público un mes antes das eleccións municipais despois de catro anos de inacción, sen a mínima transparencia e sen o diálogo que esixe un contrato que ía ter un prazo de execución de 13 anos e un orzamento de 86 millóns de euros. Agora demóstrase que os pregos teñen numerosas eivas, froito da precipitación e das présas que lle entraron ao goberno socialista en tempo de desconto do pasado mandato e sen atender as demandas da veciñanza nin do persoal traballador para ofrecer un mellor servizo.

Desde o goberno municipal vanse estudar de urxencia as posibilidades que se abren a partir desta resolución do TacGal, para resolver canto antes o procedemento.

En calquera caso, advirten desde o goberno do Bloque Nacionalista Galego e de Compostela Aberta que esta situación forma parte da débeda que deixou o PSOE, da que o novo goberno local non é responsábel e que tentará solucionar o máis axiña posíbel para ofrecer un mellor servizo de transporte público en Santiago de Compostela.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo