O Grupo Común da Esquerda presenta as emendas aos orzamentos da Xunta acordadas con CA

O grupo pedirá case 18 millóns máis para Santiago, para vellas demandas como a Escola Oficial de Idiomas, a ampliación do Conservatorio ou a mellora das partidas da Capitalidade e o Consorcio
  • As emendas pactadas con CA poñen o foco na emerxencia habitacional que vive a capital galega e para atender necesidades sociais

O Grupo Común da Esquerda vén de rexistrar unha batería de emendas aos orzamentos da Xunta para 2020 que foron pactadas con Compostela Aberta, e que teñen como obxectivo mellorar as partidas destinadas a Santiago nas contas do ano que vén. O coportavoz do grupo parlamentario, Antón Sánchez, e a vicevoceira do grupo municipal de CA, Marta Lois, presentaron hoxe as emendas, con demandas que suman 18 millóns de euros de investimentos.

O coportavoz do Grupo Común da Esquerda explicou que “as trece emendas presentadas xiran ao redor de políticas que combatan as desigualdades e garantan os dereitos sociais da cidadanía na capital do noso país”. Antón Sánchez salientou que o obxectivo é “atender problemas graves que existen en Santiago, relacionados coa vivenda, coa mobilidade, co benestar social ou  con necesidades culturais, de formación e deportivas da veciñanza”. Ademais, incidiu o deputado, “a proposta baséase na demanda que lle vimos realizando á Xunta de Galicia para que se sitúe ao servizo das maiorías sociais, para que implemente políticas publicas que se convertan en instrumentos que garantan a dignididade das persoas e a igualdade de oportunidades”. 

Vivenda e políticas sociais

A vicevoceira de Compostela Aberta foi a encargada de debullar as emendas presentadas aos orzamentos da Xunta para 2020, “que teñen un marcado carácter social e que atenden á emerxencia habitacional que sofre Santiago”. Así, Marta Lois explicou que as emendas vehiculizadas a través do Grupo Común da Esquerda reclaman a creación dun recurso habitacional para a saída da violencia de xénero, “unha vella reivindicación dos colectivos feministas, porque a día de hoxe en Compostela non hai ningún lugar no que as vítimas de violencia machista poidan recibir a atención que precisan, polo que se ven obrigadas a desprazarse ata A Coruña”. Para a súa posta en marcha, pídeselle á Xunta que habilite unha partida de 500.000 euros. Na mesma liña, solicítase unha consignación dun millón de euros para a creación dunha Casa de Familia e dun Centro Integral de día para menores, nos que se poida atender a menores en situación de desamparo ou conflito social; e outro medio millón de euros para a creación dun parque de vivendas do IGVS para atender a persoas sen fogar seguindo o modelo do Housing First, “tendo en conta que o Goberno do PSOE vén de renunciar á posta en marcha do Centro Municipal de Atención Integral a Persoas sen Fogar que Compostela Aberta deixara proxectado, e para o que había comprometidos fondos europeos da EDUSI”.

En materia de vivenda, as emendas do Grupo Común da Esquerda recollen varias peticións; a construción de vivenda pública en réxime de alugueiro (2 millóns de euros), a incorporación de Santiago ao Plan Rexurbe, polo que a Xunta adquire inmobles en estado de abandono ou semiabandono en zonas históricas para proceder á súa rehabilitación (1 millón de euros).

Aparcamento do Clínico e demandas históricas 

Outra das necesidades urxentes que a Xunta debera atender en Santiago, explicou Marta Lois, é a da mellora do aparcamento no contorno do Hospital Clínico. A vicevoceira de Compostela Aberta explicou que “as emendas presentadas reclaman unha partida de 5 millóns de euros para construír un aparcadoiro de ata 530 prazas, seguindo o previsto na modificación do PXOM aprobada durante o pasado mandato”. A concelleira apuntou que “o Goberno de CA puxo os terreos a disposición da Xunta, e seguimos crendo que é o Goberno Galego quen tén que financiar  proxecto porque o CHUS é da súa competencia”.

O Grupo Común da Esquerda tamén recolle nas súas emendas demandas históricas que se lle veñen facendo á Xunta desde Compostela. É o caso do novo centro de saúde de Conxo (2,5 millóns de euros), a nova Escola Oficial de Idiomas (500.000 euros), ou a ampliación do Conservatorio de Música (500.000 euros). Na mesma liña, o grupo parlamentario recolleu a reivindicación de Compostela Aberta para que a Xunta incremente a partida da Capitalidade, que volve quedar en 2,3 millóns de euros fronte aos 5,5 millóns de euros que serían precisos para atender os gastos que supón ser a capital de Galicia segundo un estudo de 2008 que habería que actualizar; e para que se incremente a achega ao Consorcio, fixada en 2,7 millóns de euros. Para ambas transferencias, pídese un incremento dun mínimo de 1,5 millóns de euros.

Compostela Aberta tamén chamou a atención sobre a ausencia das partidas para a nova EDAR da Silvouta “que podería estar adxudicada no verán de 2020 e por iso a Xunta debería consignar un mínimo de 400.000 euros para a actuación”; e para a Cidade da Raqueta, “un proxecto de cidade para o que xa se aprobou unha modificación do PXOM en San Lázaro e para o que se require unha achega de medio millón de euros”.

Política de industrialización

Por último, o Grupo Común da Esquerda incluiu unha emenda na que reclama unha partida de 500.000 euros “para desenvolver políticas de industrialización e para dotar de contido o acordo asinado en xaneiro de 2017 polo Concello, o IGVS, o IGAPE, a Universidade de Santiago, a Cámara de Comercio e a Asociación Área Empresarial do Tambre, e que contemplaba a creación dunha oficina de captación de investimentos para atraer proxectos empresariais”.

PODES LER AQUÍ MÁIS DETALLES SOBRE AS EMENDAS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo