O Pleno aproba a proposición de CA para a construción de vivenda pública e a mobilización de vivenda baleira

O PSOE impediu a aprobación da proposta para retomar os traballos da Comisión creada por acordo plenario para o estudo da maneira máis eficaz de xestionar o ciclo da auga

O Pleno da Corporación aprobou na súa sesión de onte a proposición presentada por Compostela Aberta para a construción de vivenda pública e a mobilización de vivenda baleira. Foi grazas ao apoio do PP e do BNG, mentres que o PSOE optou pola abstención. Malia a permitir a aprobación da proposta, o Goberno socialista xa avanzou que non tén intención de efectivizar dous dos seus tres puntos: nin destinará á construción de vivendas públicas en réxime de alugueiro o importe resultante da venda dunha parcela de Romero Donallo, nin lle dará continuidade ao Plan de Mobilización de Vivenda Baleira Aviva Compostela.

A proposición presentada por Compostela Aberta, e aprobada polo Pleno, insta ao Concello a destinar á construción de vivenda pública en réxime de alugueiro o diñeiro obtido pola venda da parcela pública SUP-1 Quinteiro 2, “atendendo ao artigo 331 do regulamento que desenvolve a Lei do Solo de Galicia, que recolle que un dos destinos do patrimonio público do solo pode ser a construción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública”. Ademais, o grupo municipal de CA pídelle ao Goberno que lle dea continuidade ao programa Aviva Compostela, dotándoo dos medios económicos e persoais necesarios para o seu desenvolvemento. O PSOE sí se comprometeu a atender o terceiro punto da proposición, para “desenvolver un estudo sobre o uso da vivenda en todo o termo municipal de cara a regular a compatibilidade entre vivendas de uso turístico e vivendas de uso residencial co obxectivo de garantir a existencia dunha bolsa suficiente de vivendas para o seu alugueiro”.

Comisión da auga

Pola contra, o PSOE impediu a aprobación da proposición de Compostela Aberta que pedía que se retomen os traballos da comisión encargada de determinar a forma máis sostible e eficiente de xestionar os servizos de abastecemento de auga e saneamento e depuración de augas residuais. Os socialistas votaron en contra da proposta, que sí contou co respaldo do BNG mentres que o PP se abstivo. 

Na súa intervención, a responsable de Medio Ambiente, Milagros Castro, non aclarou os motivos polos que se o Goberno se opón a retomar  os traballos da comisión, da que forman parte representantes de todos os grupos municipais e máis persoal técnico do Concello de Santiago. A concelleira socialista limitouse a explicar que “o Goberno vai buscar unha fórmula de xestión axeitada que nos achegue cando menos 50 millóns de euros para afrontar os investimentos que se precisan para mellorar a rede, cantidade que supera a capacidade de investimento do Concello”. Milagros Castro, que concretou o investimento necesario ao mesmo tempo que explicaba que está encargado un informe sobre as carencias do servizo, sí se comprometeu a poñer a disposición dos grupos as dúas auditorías encargadas pola comisión no pasado mandato.

O portavoz de Compostela Aberta mostrou o seu convencemento de que “o Goberno do PSOE xa tén tomada a súa decisión con respecto á xestión da auga, e fálanos agora de garantir a mellora da rede que non se garantiu nos máis de trinta anos que levamos coa mesma empresa concesionaria”. Martiño Noriega lembrou tamén que “as prórrogas do actual contrato conteñen irregularidades denunciadas polo propio Tribunal de Contas, e mesmo o Concello lle pediu a Viaqua un préstamo de dous millóns de euros para financiar actividades culturais a un tipo de xuro que nos obrigou a acabar pagando 9 millóns de euros”

Declaracións institucionais e mocións

No Pleno ordinario de outubro aprobáronse dúas declaracións institucionais, unha delas xurdida da moción presentada por Compostela Aberta para reclamar a creación dun xulgado especializado en Violencia de Xénero. A outra, acordada previamente por todos os grupos, tén como obxectivo impulsar a creación do Consello Municipal das Persoas Maiores.

Ademais, quedou aprobada a moción a defendida por Branca Novoneyra para instar ao Goberno a concorrer á convocatoria de axudas para proxectos de cooperación europea Europa Creativa. A proposta contou co respaldo de PP e BNG, mentres que o PSOE se abstivo. Por último, foi rexeitada a moción conxunta de Compostela Aberta e o BNG para expresar a solidariedade co pobo catalán e rexeitar a sentenza do Tribunal Supremo contra líderes políticos cataláns e o Procés.

PODES CONSULTAR AQUÍ TODA A INICIATIVA POLÍTICA DE COMPOSTELA ABERTA NO PLENO DE OUTUBRO

Novas
relacionadas

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

CA creará unha nova empresa municipal de vivenda que actúe tamén no mercado do alugueiro

Compostela Aberta propón que a nova empresa municipal “promova a construcción de vivendas a prezo taxado nos solares municipais, pero sobre todo que poña vivendas baleiras no mercado do alugueiro, a prezos sociais”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo