O PSOE oponse á Renda de Garantía Infantil “porque non hai a certeza de que as axudas foran destinadas ao seu fin”

O Pleno aproba, coa abstención do PSOE, a moción de CA para á recuperación ambiental do río Sar
  • Unanimidade da Corporación para conmemorar o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal

O PSOE impediu onte, cos seus votos en contra, a aprobación dunha proposición de Compostela Aberta para a creación dunha Renda de Garantía Infantil, que promovera a igualdade de oportunidades entre todos os nenos e nenas e asegurara un ingreso mínimo por fillo ou filla ás familias con escasos recursos. A concelleira responsable de Politícas Sociais, Milagros Castro,  xustificou a súa oposición á este instrumento sinalando que “non teño a seguridade de para onde irían os recursos dos máis novos cunha Renda Infantil, e eu quero garantir que as axudas vaian destinadas aos fins para os que son concedidas”.

Compostela Aberta presentara unha proposición para instar ao Goberno a impulsar unha Renda de Garantía Infantil “unha proposta que permitiría que Santiago siga sendo pioneiro no relativo ás políticas sociais, despois de ter desenvolvido durante o pasado mandato unha Ordenanza de Garantía Básica que chega a a 350 familias”.  A concelleira Marta Lois incidiu en que “a Renda Infantil estaría enmarcada nesa ordenanza, e transformaría e simplificaría os trámites das actuais bolsas de comedor, material ou actividades extraescolares, que multiplicaron por sete o seu orzamento durante o Goberno de CA”. Na súa resposta, a concelleira de Políticas Sociais argumentou que “os nenos e nenas de Santiago xa son beneficiarios das axudas económicas que perciben os seus proxenitores, sexan de competencia municipal ou autonómica”. Milagros Castro sinalou que “debemos artellar os recursos que garantan a cobertura das necesidades básicas dos máis novos, pero nós queremos que os recursos que lles damos aos máis novos vaian adicados a ese fin, e eu non teño a seguridade de para onde van os recursos dos máis novos, se promovemos unha Renda”.

Aprobada a moción de CA sobre o río Sar

No Pleno de onte quedou aprobada a moción presentada por Compostela Aberta para instar ao Goberno a adoptar unha batería de medidas para a recuperación ambiental do río Sar, parcialmente emendada polo PP. Na proposta, o grupo municipal de Ca recollía unha serie de demandas da Plataforma pola Recuperación do río Sar, que estivo representada na sesión por Antón Bouzas. O texto, defendido por Jorge Duarte, pídelle ao Goberno que reclame a participación dun técnico municipal na comisión que avalía as ofertas para a futura EDAR da Silvouta, “para garantir que temos o mellor proxecto, despois que durante o pasado mandato conseguiramos mudar a localización do Souto para salvagardar este espazo natural”. A moción tamén recolle a necesidade de investigar e sancionar as verteduras que se veñen producindo no río Sar, de realizar obras das acometidas de augas residuais de vivendas que verten directamente ao río na Travesía da Fervenza e en Poza Real en Conxo; ou que se solicite a protección hidrolóxico-forestal das cuncas hidrográficas do Sar.

Licitación do transporte urbano

Pola contra, o PSOE impediu a aprobación dunha moción na que Compostela Aberta pedía a convocatoria da comisión de seguimento do Pacto pola Mobilidade, para coñecer os plans do Goberno local en relación á licitación do servizo de transporte urbano. O concelleiro Jorge Duarte lembrou que “no anterior mandato quedaron os pregos definidos, cun mapa de rutas acordado coa veciñanza que garantía o servizo a zonas que históricamente tiveron un transporte urbano deficitario”. Nesa liña pronunciouse no Pleno Martín Rozas, que interviu en nome do movemento asociativo de Angrois, O Viso e Sara para apoiar a moción de CA, e pedirlle ao Goberno do PSOE que manteña o deseño das rutas alcanzado durante o pasado mandato.

Outras propostas de CA

No Pleno de onte tamén foi aprobada, por unanimidade, a moción de Compostela Aberta para a celebración do bicentenario do nacemento de Concepción Arenal. Na proposta fálase de deseñar unha programación específica para divulgar a figura e a obra da escritora, penalista e feminista; así como de encargar unha escultura que lle renda homenaxe.

Por último, quedou rexeitada a moción na que CA propoñía medidas para fomentar o retorno do talento da nova diáspora galega, por mor dos votos en contra do PSOE.

PODES CONSULTAR AQUÍ UN RESUMO DO ACONTECIDO NO PLENO ORDINARIO DE NOVEMBRO

Arquivado en:Plenosar
Novas
relacionadas

María Rozas: “Os remanentes de 2022 son a última demostración de que Bugallo é un alcalde incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta cualifica de “escandaloso que o Goberno peche o ano con 24 millóns de euros sen gastar e 14 millóns de gastos pendentes”

Marta Lois: “O Goberno non pode permitir que sigan pechados máis de 40 postos da Praza de Abastos”

Compostela Aberta propón a convocatoria dun concurso, acompañado dunha liña específica de axudas, para darlle un uso aos espazos desocupados do mercado, priorizando proxectos de economía social e que permitan a inserción laboral de persoas desempregadas de longa duración

María Rozas: “Bugallo cambiou un centro para persoas sen fogar por un edificio de despachos poñendo en risco un millón de euros de fondos europeos”

Compostela Aberta pedirá explicacións no Pleno sobre o modelo do Centro de Inclusión “do que a concelleira de Políticas Sociais non informou ás entidades sociais que traballan en Santiago”

Jorge Duarte: “Hai consenso político e técnico sobre cal é o mellor proxecto para Castrón Douro, e só Bugallo leva a contraria”

Na comisión asesora de hoxe, quedou sobre a mesa a modificación do proxecto da II fase de Castrón Douro por falta de apoios, e Compostela Aberta demandará no Pleno que se manteña o acordado no pasado mandato coa veciñanza

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo