Operación Peleteiro: candidato Bugallo vs alcalde Bugallo

A chamada Operación Peleteiro volve ocupar titulares nestes días, despois da reunión da comisión creada para abordar unha solución para a parcela do vello colexio.

A chamada Operación Peleteiro volve ocupar titulares nestes días, despois da reunión da comisión creada para abordar unha solución para a parcela do vello colexio. Nesa última xuntanza presentouse un novo proxecto arquitectónico para os terreos, que desde Compostela Aberta xa foi valorado como un importante paso atrás porque retoma un deseño que xa fora desbotado no seu día porque non era o mellor dos posibles e porque non gozaba do apoio da veciñanza e do tecido comercial do Ensanche.

Pero, ademais, o acontecido desde esa última reunión da comisión volve evidenciar que o discurso do alcalde Bugallo pouco tén que ver co discurso do candidato Bugallo, hai algo máis dun ano. E por iso cómpre revisar a hemeroteca:

  • En abril de 2019, o PSOE e o PP votaron xuntos no Pleno para impedir a aprobación da proposta do Goberno de Compostela Aberta para o vello Peleteiro. Daquela non formaba parte da Corporación municipal, pero o candidato Bugallo comprometía unha solución consensuada para a parcela nos tres primeiros meses de mandato. O alcalde Bugallo leva trece meses no Pazo de Raxoi, e a solución consensuada aínda non existe.
  • En abril de 2019, o PSOE e o candidato Bugallo acusaban a CA de defender para Peleteiro unha proposta que era a da SAREB, propietaria do inmoble. Dicían ter dúbidas sobre que esa proposta fora boa para a cidade. En xaneiro de 2020, o alcalde Bugallo pesentou na comisión de Peleteiro unha proposta practicamente idéntica á de CA, que os socialistas desbotaran no Pleno. Pero é que os cambios introducidos agora a través do proxecto arquitectónico e presentados nesta semana son os propostos pola SAREB.
Abril de 2019
Abril de 2019
Xullo de 2020
  • En abril de 2019, o candidato Bugallo quitáballe urxencia á aprobación do plan para Peleteiro porque “uns meses máis non van mudar nada”. Agora, o alcalde Bugallo apura á oposición e advirte do risco de que a propiedade pida licenza co actual plan, que contempla 12.000 metros cadrados de aproveitamente comercial. Polos intereses electoralistas de Bugallo e do PSOE perdéronse xa 15 meses, e agora ao alcalde éntranlle as presas.
Abril de 2019
Abril de 2019
Xullo de 2020
Xullo de 2020
  • En xullo de 2020, o alcalde Bugallo leva á comisión de Peleteiro o proxecto arquitectónico proposto pola SAREB. Manténse o reparto de usos pero muda a configuración da parcela sen ter en conta os acordos que xa foran acadados coa veciñanza e co tecido comercial: múdase a localización da praza pública para quedar aberta cara San Pedro de Mezonzo, prevese a cambio un novo edificio cara a República Arxentina que lles quitará luminosidade ás actuais vivendas, e increméntase a altura na construción prevista cara a rúa da Rosa. Ademais, o alcalde Bugallo desbota a posibilidade de que o aparcamento previsto nos terreos sexa de xestión pública a través de Tussa, como os de Belvís ou Xoán XXIII, e aposta por un novo estacionamento concesionado como son os da rúa da Rosa ou a Praza Roxa. Cambios que Bugallo introduce por sorpresa e sen ningún diálogo previo coa oposición, malia a que o seu goberno segue sen ter a maioría necesaria para aprobar o plan para Peleteiro no Pleno.
Novas
relacionadas

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

CA esixe explicacións tras coñecerse que o local de Desproi alugado polo exconcelleiro Pichel desenvolvía a súa actividade sen título municipal

O Goberno vén de ordenar a paralización da actividade no edificio nun decreto asinado o 17 de abril

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo