Jorge Duarte: “Bugallo debe esixirlle á Xunta a construción do aparcamento do Clínico, pero antes tén que facer os seus deberes”

  • Compostela Aberta lamenta que o Goberno local non dera os pasos necesarios para impulsar o estacionamento, nin na parcela ao carón do CIMUS nin no SUD 9-10

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha moción de urxencia para esixir solucións aos problemas de aparcamento no Hospital Clínico, “porque comprobamos que ainda que o alcalde por fin asume que debe esixirlle á Xunta a construción dun novo estacionamento, non está a dar os pasos que lle corresponden para conseguir ese equipamento”. Explicouno o concelleiro Jorge Duarte, que lamentou que o Goberno leve a Pleno a modificación puntual do PXOM no ámbito do SUD 9-10 en Chouchiños “sen ter en conta o acordado xa en decembro de 2021 para aumentar as parcelas dotacionais da área, co obxectivo de mellorar a accesiilidade e mobilidade no contorno do CHUS”. Ademais, reiterou o edil, “tampouco consta que Bugallo lle ofrecera á Xunta a parcela situada ao carón do CIMUS, na que xa no pasado mandato quedou planficado o que debera ser o novo parking do Clínico”.

Jorge Duarte mostrou a súa satisfacción porque o alcalde “por fin caera da burra, e diga agora que na súa reunión con Alfonso Rueda reclamará a construción do aparcamento do Clínico, despois de moitos meses afirmando que había que elixir entre ter máis quirófanos e ter estacionamento”. Para o concelleiro de Compostela Aberta, “este recoñecemento debe vir acompañado dun traballo por parte do Goberno local que a día de hoxe seguimos sen percibir”. Nese sentido, explicou que na comisión de Urbanismo celebrada a semana pasada o Goberno presentou a súa proposta para a aprobación provisional da modificación puntual do PXOM do ámbito do SUD 9-10, sen incluir a emenda ao respecto que fora aprobada polo Pleno en decembro de 2021, e que facía referencia á necesidade de “darlle maior superficie ás parcelas dotacionais previstas que permitan a ampliación do Complexo Hospitalario, resolver mellor os graves problemas de mobilidade e de estacionamento e facer viable o desenvolvemento do planeamento”. Unha vez que non se atendeu nesta demanda, Jorge Duarte urxiu ao Goberno “a iniciar a tramitación dunha nova modificación puntual do PXOM, atendendo as necesidade existentes, e tamén as propias indicacións do persoal técnico municipal”.

Parcela próxima ao CIMUS

O edil de Compostela Aberta incidiu en que “a primeira opción que Bugallo debe formularlle a Rueda é a mesma que reiteradamente lle esixiu o anterior alcalde, Martiño Noriega, a Feijóo: a parcela situada ao carón do CIMUS, para a que no pasado mandato se elaborou xa un estudo de detalle que prevía a construción dun aparcamento en tres plantas”. Duarte insistiu en que o alcalde debe retomar este proxecto, “e esquecer as escusas que leva poñendo máis dun ano, desde a aprobación do anteproxecto para a ampliación do hospital”.

Coa moción de urxencia que levará ao próximo Pleno, Compostela Aberta quere que o conxunto da Corporación “inste á Xunta a prever a construción deste aparcamento, e a incluir este necesario equipamento nos orzamentos autonómicos para 2023, porque Santiago debe recibir o mesmo trato que outras cidades nas que o Goberno galego sí vai construir os estacionamentos vinculados ás áreas hospitalarias”. Duarte mostrou o seu desexo de que “desta vez sí haxa unanimidade con respecto a esta posición, porque lamentablemente o PSOE chegou a absterse no pasado mandato, nunha moción na que CA tamén lle reclamaba á Xunta dotación orzamentaria para o aparcamento do Clínico”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DE URXENCIA DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE A NECESARIA CONSTRUCIÓN DUN APARCAMENTO PÚBLICO PARA DARLLE SERVIZO AO COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

Novas
relacionadas

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo