Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.

Con esta nova acción, os convocantes queren denunciar a “nula resposta da Xunta de Galicia e da Consellaría de Sanidade ás reivindicacións de incrementar os recursos e mellorar a organización e o funcionamento da atención primaria en Galicia, reactivar e aproveitar plenamente os recursos dos hospitais públicos para afrontar o incremento das listas de agarda, frear a deterioración, o desmantelamento e a privatización de todo o sistema sanitario público galego por parte do PP de Galicia”.

A moción recolle o sentir da alianza social e profesional facendo un chamamento á poboación para que acuda e participe na organización e desenvolvemento da manifestación do día 6 de abril.

SOS Sanidade Pública reclama “máis atención primaria, con centros de saúde e puntos de atención continuada dotados de persoal suficiente de todas as categorías; máis atención hospitalaria, utilizando plenamente os recursos instalados, usándoos de mañá e de tarde; e máis sanidade pública, aplicando fórmulas de xestión do orzamento sanitario público eficaces cara unha mellor estabilidade laboral e redución da temporalidade do persoal sanitario e non sanitario do sistema público”.

Asemade, a plataforma reclama un “plan de saúde mental; recuperar os servizos privatizados e as áreas sanitarias pechadas; e potenciar a saúde pública para combater as posibles epidemias para a saúde”.

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo