Coincidindo co comezo da campaña das Municipais, Compostela Aberta lanza “OVISO.TV”, unha plataforma de vídeos ‘estilo Netflix’. Este portal está xa dispoñible para web en www.oviso.tv e www.oviso.gal e proximamente tamén en app móbil para Android.

No ‘VISO TV’, que toma un nome de gran simbolismo para Compostela Aberta, estarán integrados vídeos propositivos e de dación de contas, pero tamén humorísticos e autoparódicos, cun formato de navegación amigable e semellante a portais de streaming como Netflix ou HBO.

Con OViso.TV, ti elixes a Compostela que queres ver!

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies