Pola defensa dos dereitos civís e en contra da represión política

Dende Compostela Aberta queremos denunciar a prisión preventiva que sofren varios membros do Govern da Generalitat, elixido democraticamente nas urnas. Estas accións encádranse no marco da deriva autoritaria do Réxime do 78, que non entende que os conflitos no século XXI deben resolverse con máis democracia, e non recortando dereitos e liberdades recollidos no Título I da Constitución.

O 21-D non é unha data electoral normal: a aplicación do 155, o encarceramento de rivais políticos e as ameazas da Fiscalía en relación á ilegalización de partidos políticos independentistas fan que entremos nun marco de excepción. Dentro del, consideramos que o conflito político seguirá latente, xa que non existen saídas que non pasen por respectar a libre vontade do pobo catalán.

Lamentamos que o Partido Popular e Ciudadanos, coaligados cos principais poderes económicos e mediáticos, atopen un socio estable no PSOE para aplicar estas medidas manifestamente autoritarias e regresivas e antidemocráticas. Os mesmos que noutros casos  nos poñen difícil establecer apoios estables cando se trata de mellorar a vida da veciñanza.

Facemos un chamamento a participar en todas as manifestacións cívicas que soliciten marcos de diálogo na resolución deste conflito, a recuperación dos dereitos civís conculcados e a liberdade das persoas presas por defender un mandato popular emanado das urnas. Nós, ao contrario doutras, non lle temos medo á democracia.

Novas
relacionadas

María Rozas denuncia “a falta de impulso político e de capacidade de xestión da concellería de Deportes” nun encontro con entidades deportivas de Santiago

A candidata de Compostela Aberta considera que “remata un mandato en branco, sen avances nas novas infraestructuras deportivas nin en mantemento, e con continuos problemas na tramitación das subvencións municipais”

María Rozas no COAG: “Precisamos unha administración máis eficiente  e un Goberno máis dialogante para resolver os retos de Santiago”

A portavoz municipal mantén unha xuntanza cunha representación do Colexio Oficial de Arquitectos para presentar as propostas de Compostela Aberta en materia de mobilidade, mellora dos espazos públicos ou vivenda “despois dun mandato perdido para a veciñanza”

María Rozas: “É pouco crible que Bugallo anuncie plans de investimentos para Lavacolla mentres non realiza nin o mantemento dos viarios da parroquia”

A portavoz de Compostela Aberta e o concelleiro Xan Duro visitaron Lavacolla para recoller as demandas da veciñanza

María Rozas: “Se quere pechar o caso Pichel, Bugallo perdeu onte unha gran oportunidade de dar explicacións e despexar dúbidas no Pleno”

A portavoz de Compostela Aberta lamenta que o Goberno non respondera a ningunha das preguntas que leva formulando máis de dez días

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo