Durante anos, a Dereita dedicouse a privatizar as empresas públicas estatais máis rendibles entregándoas a empresarios amigos. O resultado coñecémolo ben e está máis de actualidade que nunca: centos de redes clientelares e corruptas, caixas B, financiamento ilegal ou as famosas “zonas grises” das que fala Feijóo.
Ante a ameaza deste lucrativo negocio privado, agora Montoro pretende blindar a recuperación dos servizos públicos locais. Así, o proxecto de orzamentos do Estado inclúe unha disposición adicional -número 27- que busca de facto impedir e bloquear as remunicipalizacións, tanto as que están en marcha en todo o Estado -como poden ser a da ORA en guindastre en Santiago ou a da auga en Valladolid- como procesos futuros. Un cabalo de Troia e outro ataque á autonomía municipal despois de anos sufrindo recortes e a Lei Montoro.
En CoEn Compostela Aberta non nos imos render. A recuperación de servizos é viable, é xusta e é o mellor antídoto contra ea corrupción de caixas B e “zonas grises”. Por iso hoxe as concelleiras María Rozas e Marta Lois presentaron unha moción de Compostela Aberta en defensa da autonomía local. Esta moción será levada ao próximo pleno municipal e insta aos grupos políticos nas Cortes Xerais e á Federación Española de Municipios e Provincias a rexeitar e manifestarse en contra deste torpedo contra os concellos. Sabemos que será unha batalla dura pero é unha batalla que merece ser dada.

Aproveitamos a ocasión para invitarvos á charla-coloquio do vindeiro luns (Sala Capitol, 19h30) que contará coa presenza de Martiño Noriega e Óscar Puente, alcalde socialista de Valladolid que está librando loita para recuperar o servizo da auga.
Moción de Compostela Aberta en defensa da autonomía local
Invitación á charla-Coloquio “Conversas abertas: pola recuperación do público”
