Proxecto de cidade e programa electoral
2019-2023Compostela Aberta ten un proxecto para Santiago que se tradue nun programa de goberno realista e que planifica máis futuro para todas e todos
Un programa que quere dar resposta global e colectiva aos desafíos que temos por diante. A Compostela que queremos máis é diversa e policromática. A Compostela gran capital é aquela que terá un Concello novo, máis moderno e máis eficiente, adaptado á nosa realidade metropolitana. A Compostela que avanza é aquela que ten un programa económico que aposta pola gobernanza do turismo, polas finanzas xustas e por unha nova economía. A Compostela para vivir é aquela que planifica a súa mobilidade, que ten unhas estratexia para humanizar os barrios e que sabe que o porvir pasa pola sustentabilidade. A Compostela dos coidados é aquela dos dereitos sociais e feminista, a que non deixa a ninguén atrás e a que coida da súa cidadanía. A Compostela que latexa é aquela que se recoñece na súa cultura, na memoria e o patromonio que a definen, unha cidade deportista, galega e universal. Todas estas Compostelas están reflectidas nese Santiago para o que queremos máis futuro