Quen Somos

Compostela Aberta é unha proposta colectiva da cidadanía de Santiago Compostela, un proceso político-social de confluencia de persoas conscientes e comprometidas para devolverlle a cidade á xente. Somos un grupo integrador e democrático. Todas as decisións que tomamos se debaten e votan en asembleas públicas e abertas, ás que poden asistir todas as persoas que o desexen, sexan ou non membros de Compostela Aberta.

Compostela Aberta creouse pouco antes das eleccións de maio de 2015, co obxectivo de, tal e como expresamos no noso Manifesto, rematar coa corrupción, gobernar democraticamente para as persoas e configurar a Compostela do século XXI. Unha morea de voluntarias e voluntarias, expertos nas súas respectivas materias, elaboraron un código ético e un programa baseado no documento que denominamos As 13 chaves , no que se definen as liñas programáticas e de transparencia de Compostela Aberta.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies