Reapertura do campo de fútbol e de rugby da USC despois da remodelación cofinanciada polo Concello

Hoxe reabriu as súas portas o campo de fútbol e de rugby da USC, despois dunha profunda remodelación que foi financiada polo Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a Federación Galega de Fútbol e a propia Universidade de Santiago.

O renovado campo de fútbol e rugby da USC é, xunto aos recentes convenios coa deputación para impulsar a #CompostelaCultural e a #CompostelaSocial, outra mostra dos beneficios da política de colaboración e responsabilidade institucional deste mandato.

O Concello de Santiago fixo unha achega de 200.000 euros nestas obras, froito da colaboración entre o Consistorio, Universidade, Deputación e Federación, que permitirá que o campo sexa utilizados polos clubes federados dos dous deportes.

Como ben di o alcalde Martiño Noriega, acordos como estes deben ser o modelo a seguir no futuro. Son a vía que permite poñer en valor instalacións que non deben seguir compartimentalizadas, e máis coa demanda que temos en Santiago para diferentes deportes.

A continuación reproducimos a comunicación do Concello sobre estes convenios que tamén podes atopar na súa web.

____

O campo de fútbol e de rugby da USC reabre despois dunha remodelación cofinanciada polo Concello

Hoxe reabriu as súas portas o campo de fútbol e de rugby da USC, despois dunha profunda remodelación que foi financiada polo Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a Federación Galega de Fútbol e a propia Universidade de Santiago. Tras as obras, as instalacións poderán ser utilizadas por equipos federados de Compostela.

O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, asistiron hoxe ao acto oficial da reapertura do campo de fútbol e rugby da USC, que estivo presidido polo reitor, Antonio López. Tamén participaron na inauguración o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán. As obras acometidas nas instalacións permitiron dotalas dunha nova superficie de herba artificial, de novas porterías para fútbol 7 e 11 e para rugby, e dunha zona cuberta na parte central da grada. Tamén se mellorou a iluminación, empregando a tecnoloxía led. A remodelación do campo custou máis de medio millón de euros, e a achega do Concello para a actuación foi de 200.000 euros.

Colaboración institucional
O alcalde mostrouse moi satisfeito con esta actuación, que “marca o que debera a ser o camiño a seguir no futuro, porque a colaboración institucional que permitiu renovar o campo de fútbol da USC debera ser aplicada a outras instalacións similares”. Martiño Noriega lembrou que “en Santiago existe moita demanda de instalacións deportivas, e deberan deixar de estar compartimentalizadas en función da súa administración titular”. O alcalde tamén tivo palabras de agradecemento para o ex reitor Juan Viaño, con quen comezou este proxecto.

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, coincidiu co alcalde en que “hai que apostar pola colaboración entre institucións para mellorar infraestruturas, porque así toda a cidade sae gañando”. No caso concreto do campo de fútbol e rugby lembrou que “está garantido o seu uso por parte da comunidade universitaria, pero tamén de deportistas federados, de xeito que a Universidade se abre ás cidades nas que se asenta”.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo