Liderar a reindustralización da cidade e gobernanza do turismo responsable, piares do programa económico de Compostela Aberta

Martiño Noriega explicou que “Compostela Aberta solicitará reserva de chan industrial para continuar coa industrialización de Compostela”.


O alcalde e candidato á reelección por Compostela Aberta, Martiño Noriega; e as concelleiras e candidatas María Rozas e Marta Lois, presentaron este martes na Cámara de Comercio as liñas xerais do programa económico de Compostela Aberta que se centra na reindustrialización de Santiago, na gobernanza do turismo e nunha fiscalidade máis xusta.

Martiño Noriega explicou que “Compostela Aberta solicitará reserva de chan industrial para continuar coa industrialización de Compostela”. Santiago é unha cidade de servizos que precisa ser máis forte no sector secundario. Por iso “lideraremos a mesa pola reindustrialización, creada con outras administracións como a autonómica, a Cámara e a USC, tras quedar demostrada a inoperancia da Xunta de Galicia”.

Compostela Aberta aposta tamén pola gobernanza do turismo responsable, un reto “que consideremos fundamental para que todos os récords destes anos repercutan no conxunto da veciñanza. Entre as medidas a implantar destacan o reforzo do control dos apartamentos turísticos e a creación da certificación municipal “Compostela Responsable”. Unha etiqueta municipal de responsabilidade ás empresas hostaleiras que cumpran criterios sociais, laborais e ambientais xustos.

Ademais, seguiremos insistíndolle á Xunta para que Compostela conte cunha taxa turística como a que xa demostrou a súa eficacia en decenas de cidades europeas e que permita contar con maiores recursos ante os desafíos que implica o turismo. Ademais, desestacionalización, diversificación e descentralización seguirán sendo os eixes da política turística, cunha forte aposta pola promoción da Compostela Verde.

Loita contra a precariedade laboral
Marta Lois tamén avanzou os principais eixos do emprego, que pasan pola loita contra a precariedade laboral, as axudas ás mulleres emprendedoras e o fomento do emprego para a xente moza “como fixemos durante este mandato cos obradoiros de emprego xuvenil”.

No eido fiscal, a concelleira María Rozas explicou que “Compostela Aberta continuará na senda marcada estes 4 anos onde sentamos as bases dunha fiscalidade máis xusta e honesta, incrementando as bonificacións para que paguen menos as persoas que menos teñen”. Por iso Compostela Aberta comprométese a continuar aumentando as bonificacións fiscais e a facilitar o pagamento de impostos mediante un sistema ‘á carta’, algo posible grazas á implantación da administración electrónica á que destinamos 1,5 millóns de euros.

A isto sumaráselle unha aposta polas pequenas e medianas empresas mediante a implantación de microcréditos e dun fondo de crédito municipal que apoie o financiamento de proxectos de economía social. María Rozas tamén avanzou a “ampliación do Plan de Loita contra a Fraude Fiscal, poñendo o foco nas empresas subministradoras (electricidade, gas ou telefonía)”. Compostela é xa unha das cidades galegas cos impostos máis baixos, por iso a clave pasa porque todos e todas cumpran coas súas obrigas fiscais.

Dación de contas
Na súa intervención, Martiño Noriega repasou os avances deste primeiro mandato.. “Gobernamos con honestidade e con solvencia”, xa que Compostela Aberta logrou captar máis de 20 millóns de fondos europeos para “proxectos de cidade que se sementaron nestes 4 anos e que se verán no vindeiro mandato”. Xunto a isto, CA logrou reducir a débeda municipal á metade, pasando de 45 a 27 millóns de euros, ao mesmo tempo que se triplicou o gasto social.

O alcalde e candidato tamén lembrou que “non existe ningún indicador económico que diga que Compostela está peor que hai catro ou oito anos” e puxo de exemplo a taxa bruta de natalidade empresarial; o ingreso medio por fogar, que é de 2.617 euros, un 18,1% máis que hai catro anos e un 10,1% superior a hai oito anos; ou a taxa de paro, que baixou do 18,8 ao 12,8%.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo