Reto: Bono cultural e Axenda Única para termos máis cultura

Compostela Aberta impulsará no próximo mandato medidas que teñen como obxectivo facilitar o acceso á cultura de toda a veciñanza, como a Axenda Cultural Única ou o Bono Cultural

Compostela Aberta impulsará no próximo mandato medidas que teñen como obxectivo facilitar o acceso á cultura de toda a veciñanza, como a Axenda Cultural Única ou o Bono Cultural; e afondará en instrumentos para apoiar a creación e produción cultural propia, como a convocatoria de axudas por concorrencia competitiva ou as residencias artísticas. Así o explicaron o alcalde e candidato á reelección, Martiño Noriega; e a concelleira de Acción Cultural e número dous da candidatura, Branca Novoneyra; que presentaron este venresas propostas de Compostela Aberta para conseguir “Máis Cultura para recuperar o latexo de Santiago”, o sétimo dos 13 retos fixados para o próximo mandato.

Martiño Noriega explicou que “despois destes catro anos de Goberno, a cidade recuperou o seu latexo cultural, conseguimos que Santiago escalara ata o posto número 12 do ranking do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, sendo a primeira cidade galega da lista, e tamén a primeira da lista con menos de 100.000 habitantes”. Para Martiño Noriega, iso responde a que “nestes catro anos iniciamos a transformación dun modelo de xestión cultural, baseado na participación, descentralización e diversificación de actividades, un modelo do que naceron iniciativas como a SELIC, as convocatorias de axudas culturais por concorrencia competitiva ou as residencias para proxectos de creación na Sala Agustín Magán”. O alcalde explicou que o reto para os próximos anos é “afondar neste modelo, reforzando o papel do Auditorio de Galicia, tendo aínda máis ambición e coa mirada posta no Xacobeo de 2021”.

Plan Estratéxico e apoio ao sector
A concelleira de Acción Cultural apuntou que “Compostela Aberta entende que a cultura é un dereito universal, e por iso temos que garantir o acceso democrático a ela baixo os principios da igualdade e a atención á diversidade”. Ao tempo, sinalou que outra das prioridades será “loitar contra a precariedade na que ainda se atopa parte do ecosistema cultural local, apoiando tanto ao sector profesional como ao amador mediante unha política aberta e transparente”. Nesa liña, Branca Novoneyra comprometeuse a que “Santiago será a primeira cidade galega en elaborar un Plan Estratéxico da Cultura, que partirá dun estudo consensuado por axentes sociais e culturais, institucións públicas e privadas e grupos políticos”. Ese documento deberá “avaliar a situación do mapa cultural da cidade, e orientar as políticas públicas municipais no novo contexto socioeconómico”.

A número dous da lista de Compostela Aberta explicou que outro dos obxectivos para o próximo mandato é de “consolidar e mellorar a dotación das convocatorias de axudas competitivas á produción cultural, nas que fomos pioneiras nos últimos anos”. Ademais, anunciou a convocatoria de novas bolsas de axuda á creación e á investigación no sector cultural, a ampliación das residencias artísticas seguindo o modelo xa implantado na Sala Agustín Magán de Santa Marta.

Axenda Cultural única e bono cultural
Ao tempo que queremos apoiar aos creadores e produtores, o programa de Compostela Aberta inclúe medidas que teñen como obxectivo facilitar o acceso á cultura. Entre elas destacan dúas propostas: a creación dunha axenda cultural única, e a implantación dun bono cultural.

En canto á Axenda Cultural Única, Branca Novoneyra explicou que o obxectivo é que “incorpore toda a programación cultural da cidade, tanto a que nace das institucións como a que parte de programadores particulares ou do tecido asociativo”. A axenda estará xestionada polos servizos municipais “e permitirá que a veciñaza teña unha visión global da oferta que pode atopar en Compostela, mesmo dos eventos que poidan estar menos promocionados noutros ámbitos”.

Tamén no próximo mandato crearase un Bono Cultural, que permita acumular descontos xustificando o consumo de cultura. A concelleira explicou que “este Bono permitirá mesmo que a veciñanza de Santiago teña condicións especiais para o acceso aos espectáculos organizados desde o Concello” e avanzou que o Goberno buscará alianzas con outras institucións culturais da cidade para que se poidan sumar ao catálogo de servizos ofertados a través deste instrumento.

Co obxectivo de facilitar o acceso á cultura, tamén se impulsarán programas específicos para a infancia, a mocidade menor de 30 anos, as persoas maiores e a zona rural

Festas e Xacobeo
En materia de festas, a responsable de Acción Cultural explicou que o obxectivo é “continuar coa liña que vimos mantendo desde 2015 para descentralizar as festas, facelas participadas a través de instrumentos como os Orzamentos Participativos, e convertelas nun escaparate para os artistas locais”. Este modelo, apuntou, “será tamén o que manteñamos na programación do Xacobeo 2021 “un evento que debe demostrar que somos unha cidade con indentidade cultural propia”.

De cara a 2021, o programa de Compostela Aberta prevé a organización dun gran festival “Compostela É Música!”, coa participación de bandas da cidade “que mostren que temos un patrimonio musical propio, que ao longo deste mandato xa puidemos ir coñecendo nas festas do Apóstolo ou da Ascensión”. Ademais, elaborarase un Plan de Visibilización da Cultura e das festas propias dos barrios e parroquias durante o Xacobeo, incorporarase a Banda Municipal de Música á programación de 2021 e desenvolverase un programa de residencias artísticas vinculadas ao Camiño de Santiago para potenciar o diálogo intercultural europeo. Por último, Branca Novoneyra explicou que durante o Xacobeo “elaboraremos un Mapa de puntos activos de Arte na Rúa, no que terá unha especial relevancia o parque de Belvís, e fomentaremos uns grandes eventos no Multiusos Fontes de Sar, que vimos de recuperar para grandes espectáculos como o recente concerto de Bob Dylan

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

CA recuperará e ampliará os Orzamentos Participativos “porque a veciñanza debe decidir máis alá das eleccións”

María Rozas: “A veciñanza de Santiago tén dereito a participar das decisións que lle afectan, e o Goberno tén a obriga de render contas”

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo