Reto Máis feminismo: Compostela Aberta creará máis recursos habitacionais para vítimas das violencias machistas

“Máis feminismo para ser libres e iguais” é o oitavo dos 13 retos do programa de Compostela Aberta, que presentaron Martiño Noriega e Marta Lois.
Play Video

“Máis feminismo para ser libres e iguais” é o oitavo dos 13 retos do programa de Compostela Aberta, que presentaron Martiño Noriega e Marta Lois. Para acadar a igualdade, é indispensable incorporar o feminismo nas formas de facer política e con ese compromiso traballamos dende que en 2015 accedemos ao goberno desta cidade, como demostra a campaña de enorme éxito que é “Compostela en Negro”.

A medida máis importante e máis ambiciosa en materia de igualdade é a creación de recursos habitacionais para vítimas de violencia machista e os seus fillos e fillas, solventando así unha necesidade coa que conta o noso concello.

Para seguir impulsando unha Compostela feminista, CA aplicará políticas transversais e visión de xénero en todas as áreas de goberno ademais dun plan de sensibilización dirixido ao persoal técnico e equipo de concelleiros e concelleiras que formen parte da corporación municipal.

Políticas transformadoras
Dendeo o Concello impulsamos políticas transformadoras como campaña ‘En negro contra as violencias’ que se espallou por todo o país, abrimos a Casa das Mulleres Xohana Torres, unha demanda do movemento feminista dende o 2003 e impulsamos campañas de corresponsabilidade nos coidados e na compra de xoguetes non sexistas.

E tamén achegamos o feminismo ás parroquias de Compostela cos obradoiros de empoderamento para as mulleres do rural, nos que participaron preto de 200 mulleres.

Todo este traballo seguirá adiante e no marco do proxecto Compostela Territorio das Mulleres, impulsaremos un proceso participativo coa cidadanía e os axentes sociais e económicos de Santiago, para artellar un pacto social a nivel municipal coa fin de avanzar cara unha organización social do traballo e dos tempos máis igualitaria e sostible.

Xunto a isto crearase un Foro de participación das mulleres e entidades do municipio, un espazo permanente de traballo e diálogo entre o Concello e os colectivos de mulleres para a análise de demandas colectivas, propostas e consenso de actuacións e “consolidaremos o modelo de co-xestión da Casa das Mulleres Xohana Torres entre a Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela e os colectivos e grupos feministas e de mulleres do municipio”.

Empoderamento
Despois de dous anos cun programa pioneiro de obradoiros de empoderamento do rural, Compostela Aberta continuará desenvolvendo estas actividades que funciona como espazos onde reflexionar sobre o seu papel na sociedade, as súas achegas, logros, a superación dos roles e estereotipos de xénero… consolidando a celebración doEncontro anual de Mulleres do Rural.

Ademais “reforzarase o papel do Centro de Información á Muller (CIM) que achegará información sobre recursos de igualdade así como atención nas parroquias do rural”.

Ademais, cómpre continuar coa recuperación da memoria histórica das mulleres e dofeminismo mediante a realización de actividades, roteiros e publicacións, que poñan en valor o rol fundamental das mulleres na historia de Compostela e coa súa visibilización a través dos nomes dos espazos públicos.

Compostela LGTBIQ
O exercicio do respecto á diversidade sexual e de xénero é un valor e unha riqueza para a nosa cidade. Por iso dende Compostela Aberta seguirán a impulsarse medidas que incorporen a mirada LGTBIQ o que supón “supón un paso máis na loita contra as desigualdades existentes froito do sexismo, os estereotipos de xénero, as violencias, a homofobia e a transfobia, e calquera tipo de discriminación por razón de orientación ou identidade sexual”.

Dende ese punto de vista elaborarase un Plan Municipal de Igualdade para as  diversidades sexual e de xénero, con avaliación anual para coñecer as desigualdades que afronta o colectivo e poder facerlles fronte. Ademais continuarase colaborando co tecido asociativo LGTBIQ e coa comunidade educativa con especial incidencia nos centros de educación primaria e secundaria do municipio, para eliminar estereotipos e sensibilizar respecto da diversidade sexual e de xénero.

Marta Lois tamén explicou outras dúas medidas centrais en materia de diversidade sexual e de xénero. Por unha banda, creando espazos de información, asesoramento e consulta para informar e asesorar á xente moza sobre a diversidade sexual e de xénero.

Por outra banda, seguirase a recuperar a memoria histórica dos homes e mulleres LGTBI do municipio “como fixemos con Sancha e María Leva durante este mandato coa colocación dunha placa na vivenda que ambas compartían na rúa da Moeda Vella”.

Compostela Aberta tamén quere manter o seu compromiso para continuar celebrando o Día do Orgullo LGTBIQ “como unha xornada non só festiva, senón tamén de reivindicación dos dereitos do colectivo”.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo