Fronte a modelos de especulación e fomento de ‘Turismo a granel’, Compostela Aberta é a principal garantía dun modelo de turismo máis responsable. A potencia sen control non serve de nada. Santiago é una cidade cada vez máis internacional e atractiva e por iso levamos 3 anos consecutivos récord en chegada de turistas e peregrinos, máis que en calquera Xacobeo. Pero sen un reparto xusto e social dos beneficios do turismo, está modelo está condenado a ser pan para hoxe e fame para mañá.

Por iso o 11º Reto do programa de Compostela Aberta, presentado por Martiño Noriega e Marta Lois, é aposta decidida dunha gobernanza turística responsable e sustentable, fronte ao modelo de ‘turismo a granel’ que pon en risco o modelo de convivencia, especialmente na Zona Histórica.

Así o fixemos coa moratoria hoteleira, co estudo a fondo dos apartamentos turísticos e a reclamación á Xunta dunha taxa turística como a que existe en decenas de cidades europeas e do punto que se poida inverter en coidade da cidade e promoción de políticas responsables.

Que medidas propoñemos para seguir avanzando nun turismo responsable?

Reforzo do control dos apartamentos turísticos
Un dos grandes retos é reforzar a inspección e control dos apartamentos turísticos irregulares que supoñen competencia desleal, provocan aumento dos alugueiros, precarizan o emprego no sector hoteleiro e deixan máis de 8 millóns de impostos sen recadar cada ano.

Certificación Compostela Responsable: apoiar e premiar as iniciativas de Turismo responsable
Apoiaremos dende o Concello as iniciativas de empresas hoteleiras, pequenos comercios, cooperativas… encamiñadas ao turismo responsable (emprego de calidade, cumprir criterios sociais e ambientais, boa atención a clientes, accesibilidade…). Crearemos tamén a certificación “Compostela Responsable”.

Esixencia á Xunta dunha Taxa Turística
A experiencia en decenas de cidades demostra que a taxa turística non desincentiva a chegada de viaxeiros e en cambio si permite dispoñer de máis recursos para coidado da cidade e políticas de planificación e corresponsabilidade.  Por iso seguirémoslle esixindo á Xunta, órgano competente nesta materia, a súa implantación.

Potenciar as 3-D: Desestacionalizar, Descentralizar, Diversificar
Seguiremos incentivando dende o Concello iniciativas e alternativas de ocio, culturais, deportivas, ecolóxicas e gastronómicas de alto nivel ao longo de todo ano promovendo Santiago como destino con responsabilidade social e inclusivo.
Impulsaremos eventos e equipamentos que permitan diversificar e desestacionalizar o turismo en tempada baixa, como a instalación dunha noria temporal e desmontable durante os meses de outono-inverno nunha zona singular da cidade como pode ser a Alameda.

Santiago, Destino Inclusivo e Familiar
Aberta promoverá Santiago como destino inclusivo e familiar, incentivando dende o Concello iniciativas e alternativas de ocio, culturais, deportivas e gastronómicas destinadas a promover Compostela como destino con responsabilidade social e amable para mulleres, colectivo LGTBIQ.

Enjoy-Respect Santiago,
Tamén se impulsarán campañas como #Enjoy-Respect-Santiago de concienciación dos dereitos, obrigas e recomendacións para o turista responsable, con viñetas e ilustracións singulares e merchandising en establecementos hostaleiros.

Gratuidade do Pórtico
E como levamos facendo dende a súa reapertura, Compostela Aberta defenderá que o Pórtico da Gloria, restaurada tamén con fondos públicos, sexa de acceso gratuíto para a veciñanza foi restaurada con fondos públicos”.

Compostela Respira, Horizontes de Compostela, roteiros temáticos
O potencial da Compostela Verde recuperado nos últimos anos (Brañas do Sar, sendas do Sarela, bosques de Compostela…) tamén é unha vía para descentralizar e quitar presión turística da Zona Histórica.

Promocionaremos os miradoiros naturais e artificiais da cidade e poremos en valor roteiros temáticos como os Camiños da Pedra, da Auga, os episodios bélicos da cidade…
Camiños da auga (Ruta dos Lavadoiros, Ruta dos Batáns, muíños e curtidorías, etc.); Compostela Medieval fóra das Murallas (Castelo da Rocha, Sar, etc.); ou Compostela en pé de guerra (ruta polos episodios bélicos da cidade).

Aquí podes consultar o programa completo de Compostela Aberta.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies