Reto: Municipalizar a auga para recuperar a eficiencia e o ben común

A auga é un dereito fundamental que non debera estar sometido ás regras do mercado. Por iso o primeiro reto dos trece retos de Compostela Aberta para gañar máis futuro para Santiago é o compromiso de remuncipalizar a auga e empraza ao resto dos partidos a posicionarse.

A auga é un dereito fundamental que non debera estar sometido ás regras do mercado. Por iso o primeiro reto dos trece retos de Compostela Aberta para gañar máis futuro para Santiago é o compromiso de remuncipalizar a auga e empraza ao resto dos partidos a posicionarse.

Como explicou Martiño Noriega, facemos unha aposta decidida pola municipalización da auga, porque xa demostramos que somos quen de enfrontarnos a todas as trabas que se nos poñen para a recuperación de servizos”.

Martiño Noriega afirmou que “a municipalización ten que materializarse no primeiro tramo deste mandato, porque xa temos camiño andado: xa creamos a comisión previa, xa encargamos auditorías que estamos convencidos de que demostrarán que é máis eficiente a xestión directa, e xa demos outros pasos para fiscalizar o servizo”

Sabemos que deste servizo dependen moitos intereses. E como proba as gravacións de Aduanas que forman parte do sumario da Pokemon, nas que se falaba de prórrogas do contrato cunha empresa á que se lle debían favores.

Un dereito das persoas
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, lembrou que “a Asemblea Xeral de Nacións Unidas recoñece que o acceso á auga potable e ao saneamento é un dereito humano esencial, polo que é fundamental que non dependa das regras do mercado”.

Incidiu tamén en que “os servizos públicos esenciais como a sanidade, a educación e a xustiza, pero tamén o ciclo da auga, non deberán estar sometidos á mercantilización, porque é preciso garantir un acceso non discriminatorio, para todas as persoas nas mesmas condición”.

 Unha aposta pola eficiencia e a transparencia
A xestión directa supón apostar pola eficiencia, a sustentabilidade e a transparencia no ciclo da auga. A situación actual é a de grandes operadoras que converten o ciclo da auga nun monopolio co que conseguen grandes beneficios, porque autocómpranse servizos ou tecnoloxías a empresas que forman parte do mesmo grupo, con total opacidade e con condicións contratuais pouco definidas.

Ademais, as tarifas establécense por consideracións puramente comerciais, e os operadores limitan completamente o acceso á información sobre a prestación do servizo ou sobre os clientes do mesmo.

Un contrato cheo de modificacións cuestionables
A situación da concesión da auga en Santiago é especialmente cuestionable, con contratos que acumulan modificacións moi cuestionables que lle afectaban a condicións fundamentais, que estenderon con prórrogas uncontrato de 1992 ata este mes de maio de 2019, e que nalgún caso incluíron irregularidades recoñecidas polo Tribunal de Contas.

Na última modificación da adxudicación a Aquagest, en 1998, a empresa accedeu a facerlle un préstamo de máis de dous millóns de euros ao Concello para financiar eventos relacionados coa Capitalidade Europea da Cultura, préstamo que se lle devolveu a Aquagest a través da propia taxa da auga. Foi nese momento cando o Concello lle prorrogou o contrato á empresa ata 2019.

A empresa Aquagest, hoxe Viaqua, leva 36 anos xestionando o servizo da auga en Santiago, cun contrato que deixou ao Concello nunha situación de total dependencia da concesionaria, cunha imposiblidade absoluta de realizar un control efectivo sobre o servizo.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo