Saúdos e apertas fraternas desde Compostela Aberta a Un País en Comú

Bota a andar Un País en Comú​, un proxecto fraterno de Unidade Popular, ilusión e rebeldía,

Se en maio do 2015 se daba gran paso dende as cidades do cambio, este é outro paso máis para a recuperación do ben común, outro día cargado de esperanza e compromiso para acabar coas políticas de recortes e neoliberalismo, para construír un presente e un futuro mellor.

Dende Compostela Aberta​ enviamos todos os nosos azos e forzas para este proxecto.
Deixámosvos o vídeo de felicitación de Martiño Noriega​. Parabéns, forza e avante!

[embedyt] http://www.youtube.com/watch?v=p33GBLTW7UY[/embedyt]

Ola amigas e amigos de Catalunya.

Os meus parabéns.

Envíovos tamén os parabéns desde o espazo da Unidade Popular Galega. Como en tantas outras áreas sodes un espello no que nos agrada mirarnos e no cal nos sentimos reflectidos tantas veces.

Envíovos tamén os parabéns desde o espazo das cidades polo ben común. Estas cidades dende as cales estamos construíndo novas realidades.

Desde a capital de Galicia, Santiago de Compostela, ata a capital de Catalunya, os meus parabéns.

Parabéns por construír en común. Por construír Un País en Comú.

Apertas!

—–

Hola amics i amigues de Catalunya.

Us felicito.

Us envio les meves felicitacions i les de l’espai de la unitat popular gallega. Com en tantes altres àrees sou un mirall en el qual ens agrada mirar-nos. I en el qual ens sentim reflectits gairebé totes les vegades.

Us envio també una felicitació des de l’espai de les ciutats pel bé comú. Aquestes ciutats des de les que estem construint noves realitats.

Des de la capital de Galícia, Santiago de Compostel·la, a la capital de Catalunya, Barcelona. Us felicito.

Us felicito per construir en comú. Per construir un país en comú.

Abraçadas!

Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo