Municipalismo transformador

Compostela Aberta

Compostela Aberta é unha proposta colectiva da cidadanía de Santiago de Compostela, un proceso político-social de confluencia de persoas conscientes e comprometidas para devolverlle a cidade á xente.

Democracia interna

Unha organización integradora e democrática

Todas as decisións que tomamos se debaten e votan en asembleas públicas e abertas, ás que poden asistir todas as persoas que o desexen, sexan ou non membros de Compostela Aberta.

capitol10-1
actocentral17
manifesto-01
33322862_809576995899948_8859328487131971584_n
19105607_658622940995355_3510987892831522575_n
maria00
49834056_964687973722182_4276015924605091840_n
2014
Manifesto
fundacional

Compostela Aberta creouse a finais do ano 2014 e configurou unha candidatura pouco antes das eleccións municipais de maio de 2015, co obxectivo de, tal e como expresamos no noso Manifesto fundacional, rematar coa corrupción, gobernar democraticamente para as persoas e configurar a Compostela do século XXI.

2014
2015
As 13
chaves

Unha morea de voluntarias e voluntarias, de cidadanía mobilizada e de persoas con experiencia expertos en moitas materias, elaboraron un programa e un código ético. Aquelas propostas quedaron resumidas no coñecido documento denominado As 13 chaves , no que se definen as liñas programáticas e de transparencia de Compostela Aberta.

2015
Maio de 2015
Primavera municipalista

En Maio de 2015 conseguimos unha vitoria electoral que nos permitiu acceder á alcaldía ao igual que en moitas outras cidades galegas como A Coruña ou Ferrol, ou do Estado español como Barcelona, Madrid, Zaragoza, Cádiz, Valencia, Badalona, etc

Compostela Aberta foi das poucas desas candidaturas que con 16.704 votos (34,72% do voto válido) e 10 concelleiros, se situou, ademais, como forza mais votada.

Maio de 2015
2015-2019
Goberno
Municipal

Martiño Noriega foi eleito alcalde de Santiago e formou o primeiro goberno municipalista e transformador de Compostela acompañado de María Rozas (Economía e Facenda), Jorge Duarte (Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade) Branca Novoneyra(Acción Cultural), Xan Duro (Medio Ambiente e Convivencia), Concha Fernández (Políticas Sociais e Diversidade), Manolo Dios (Educación e Cidadanía), Marta Lois (Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo), Rafa Peña (Medio Rural e Equilibrio Territorial) e Noa Morales (Mocidade, Deporte e Benestar Animal)

2015-2019
2015-2019
Un goberno
transformador

Nos catro anos de goberno 2015-19 consguimos normalizar politicamente unha institución que estaba en estado de shock despois do mandato do PP e os seus tres alcaldes. Ademais esta normalización non foi realizada de calquera xeito, senón que foi feita introducindo novas linguaxes, novas formas de gobernar e renovando o debate político na cidade.

2015-2019
2015-2019
Recuperación de servizos
para o público

Remunicipalizamos o servizo de ORA e guindastre, incorporando o persoal deste traballador á empresa pública municipal de transporte TUSSA. Tamén recuperamos a xestión directa da asesoría xurídica, non renovando o contrato con o bufete externo que a xestionaba e creando un novo departamento municipal.

2015-2019
2015-2019
Orzamentos Participativos

Através do programa Compostela Decide logramos que até un 15% do orzamento dos investimentos se decidisen por este mecanismo, así como unha partida de actividades de Xuventude e outra de Festas.  Até un 5% da poboación adulta de Santiago participou deste proceso.

2015-2019
2015-2019
Renda de Garantía Básica

Aprobamos unha ordenanza de garantía básica que foi pioneira, no Estado, na procura de garantizar os dereitos sociais da poboación, xunto coa da Coruña, que inclusive foi mais alá ao dar cobertura ás persoas en situación irregular que tamén poden acceder ás prestacións.

2015-2019
2015-2019
Políticas dos Coidados

Toda a acción gobernativa de CA tivo unha referencialidade importante no aumento dos orzamentos das política sociais e no fomento da autonomia das persoas, mellorando o SAF e terminando coas listas de espera, dando un tratamento digno ao senfogarismo e procurando alternativas, aumentando as axudas de todo tipo como as bolsas de comedor.

2015-2019
2015-2019
En negro, Contra as Violencias:

Compostela En Negro foi unha campaña, por volta do 25N, que partindo do local e de Santiago, foi capaz de tecer rede, chegar a mais de 75 municipios e 3 diputacións e dar un salto cualitativo na denuncia das violencias machistas.

2015-2019
2015-2019
Territorio das Mulleres:

Ademais do procurar unha perspectiva de xénero no conxunto das políticas municipais, colocouse tamén o foco no mes de marzo, ao redor do 8M, como potenciador do discurso e das practicas feministas, ademais da abertura da Casa das Mulleres Xohana Torres.

2015-2019
2015-2019
Novas referencialidades
culturais

Impulsamos novos eventos no calendario de celebracións culturais: neste caso teríamos que destacar como maiores éxitos a celebración da SELIC (a semana do libro de Compostela con 3 edicións) e Festa do Banquete (2 edicións), que lembra o Banquete democrático de 1856.

2015-2019
2015-2019
Gobernanza do Turismo

Por primeira vez Santiago de Compostela comezou a cuestionarse que tipo de modelo turístico e cidade queremos, colocando un foco crítico sobre o turismo a granel, propiciado fundamentalmente pola Xunta e a súa promoción do Camiño.

2015-2019
2015-2019
Laicidade, simbolismo e
memoria histórica

Alén da separación entre a feito relixioso e a institucionalidade, tamén se practicaron políticas de memoria democrática valentes, no 80 aniversário do 36, na homenaxe a mulleres e homes loitadores democráticos, na referencialidade das Marías, no centenario das irmandades da fala, aeroporto Rosalia de Castro, Estadio Verónica Boquete...

2015-2019
2015-2019
Captación de fondos

O noso goberno foi pioneiro na captación de fondos europeos, destacando o proxecto EDUSI Revive Santiago e o Smartiago (compra pública inovadora… ademais deixamos negociada a convocatoria do Real Padroado da cidade, cun proxecto de investimentos plurianual, paralizado pola non formación de goberno en Madrid

2015-2019
2015-2019
Fiscalidade máis xusta

Elevamos ao máximo permitido as bonificacións fiscais nas ordenanzas municipais para que a fiscalidade sexa unha ferramenta mais de redistribución da riqueza.

2015-2019
2015-2019
Grandes proxectos
esquecidos

Neste apartado conseguimos desatascar a sinatura do convenio para construír a nova Intermodal de Santiago, e encamiñamos a dotación para o río Sar dunha nova EDAR, ambos proxectos com moitos anos de retraso e moitas voltas dadas polos gobernos do PSOE e do PP. Como proxecto novedoso, conseguimos que o Estado orzamentase as obras do inicio do Orbital, e como proxecto non tan macro mas tamén moi atascado: conseguimos abrir a Ludoteca das Fontiñas.

2015-2019
2015-2019
O mandato das
pequenas cousas:

Ademais de conseguir desatascar grandes proxectos tamén conseguimos levar adiante moitos proxectos e pequenas obras en barrios e parroquias que estaban esquecidos, alén e multiplicar os orzamentos para o mantimento da cidade.

2015-2019
2015-2019
Abertura do Concello
e novas participacións

Nunca a Casa do Concello estivo tan aberta e foi tan transparente como no anterior mandato, ademais elaboramos unha auditoria cidadá para coñecer as necesidades reais de barrios e parroquias e impulsamos novas formas de participar como os Ao Vivo

2015-2019
2019
Eleccións
de 2019

A pesar do acoso mediático constante e da oposición dos poderes fácticos de Santiago, a nosa opción foi das que mellor resultado conseguiron nas eleccións de maio de 2019. Ainda así baixamos en votos a 10.651 votos (20,36%) e 5 edís e perdimos a alcaldía. As e os concelleiros electos foron Martiño Noriega -que exerceu de portavoz municipal-, Branca Novoneyra, Rafa Peña, Marta Lois e Jorge Duarte.

2019
2019-2023
Oposición

En Setembro de 2020 tanto Martiño Noriega como Rafa Peña deixaron as súas actas no Concello e entraron María Rozas e Xan Duro a facer parte do novo grupo municipal, asumindo a portavocia Marta Lois. Durante todo o mandato o grupo municipal de Compostela Aberta desenvolveu unha oposición ao goberno Bugallo responsable, defendendo as conquistas e avances do mandato anterior e dando voz á cidadanía na instutución.

2019-2023
2020-21
Un Futuro Aberto

Entre o outono de 2020 e ata a primavera de 2021, Compostela Aberta desenvolveu o primeiro proceso participativo de debate FUTURO ABERTO para analizar a situación política e social construír en común, fortalecer a organización e mellorala. Para iso fíxose un esforzo colectivo e posta en común para avaliar a traxectoria de CA, adoptar iniciativas que melloren o seu funcionamento interno, reforzar as posibilidades de participacióne preparar CA para afrontar o novo marco político.

2020-21
2023
María Rozas
candidata

A finais de 2022 María Rozas foi eleita para encabezara lista de Compostela Aberta nas próximas eleccións municipais de Maio de 2023. Na súa presentación, aos medios, como candidata explicou que decidiu dar este paso “con orgullo e responsabilidade, reivindicando o traballo feito por Compostela Aberta e o noso capital humano, tendo claro como é o Santiago que queremos, e desde o convencemento da decepción da veciñanza co Goberno de Bugallo, tras a caída do mito dos bos xestores”.

2023
Maio 2023
Compostela Aberta volve ao goberno

Despois das eleccións de maio do 2023 nas que Compostela Aberta acada case o 10% dos votos e dous concelleiros, páctase un goberno de coalición co Bloque Nacionalista Galego.
Neste Bipartito, a voceira de CA, María Rozas, convértese en concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude e Xan Duro asume a concellería de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais.
O pacto de goberno de esquerdas busca impulsar políticas transformadoras e afrontar con valentía os retos que ten que Santiago nos próximos anos.

PARTICIPA CON NÓS
TI ES A GARANTÍA
DA NOSA INDEPENDENCIA

A nosa acción política tense destacado, sempre, pola mestizaxe, a xenerosidade e a capacidade de integración.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo