“Somos Santiago”, a proposta de CA para “reconectar a veciñanza co patrimonio e recuperar o orgullo de Compostela”

María Rozas propón impulsar diferentes iniciativas para poñer en valor o noso patrimonio entre os propios veciños e veciñas e para conservar a memoria dos lugares de Compostela
  • Compostela Aberta organizou un roteiro pola auga e as fontes de Santiago, guiado por Encarna Otero

Compostela Aberta porá en marcha un ambicioso programa “para que os veciños e veciñas recuperen o orgullo de ser de Santiago e se reconecten ao patrimonio propio, tanto o que sofre maior presión turística como o que fica máis agochado para os visitantes”. A candidata á alcaldía, María Rozas, explicou que esta iniciativa, que levará por nome “Somos Santiago”, “aglutinará políticas de difusión, que irán acompañadas dun claro esforzo polo mantemento de elementos patrimoniais como lavadoiros, fontes ou elementos naturais. Rozas explicou a proposta no transcurso dun roteiro pola auga e as fontes de Compostela, organizado por CA e que foi guiado pola historiadora Encarna Otero.

María Rozas explicou que “Compostela Aberta quere reconectar á cidadanía de Santiago cos elementos patrimoniais que sofren maior presión turística, a través de roteiros, charlas ou publicacións que permitan poñelos en valor entre a propia veciñanza, que se sente expulsada dos lugares máis frecuentados polos visitantes”. Ademais, “queremos poñer en valor a riqueza patrimonial de Santiago máis alá da zona monumental, con visitas ao patrimonio que está máis agachado, e cunha clara aposta pola recuperación de elementos populares como fontes, lavadoiros ou palcos da música, onde se desenvolveu a actividade comunitaria ao longo da historia”. Estas iniciativas irán complementadas cunha web de recursos patrimoniais, “para facilitar a dispoñibilidade da información sobre os diferentes elementos, o seu coñecemento e a súa valoración”.

A candidata de Compostela Aberta tamén se comprometeu a “darlle un novo pulo ao proxecto do Centro de Interpretación da Compostela Rupestre, en Villestro, despois de catro anos nos que o Goberno local non foi proactivo na difusión desta inmensa riqueza que son os petróglifos de Santiago, malia o camiño iniciado durante o pasado mandato polo Goberno de CA en colaboración con outros concellos da comarca”. 

Memoria de Santiago

Compostela Aberta tamén se compromete a crear un arquivo dixital de fotografías do municipio, “nun proceso participado coa veciñanza, para recuperar a memoria do noso pasado máis recente”. Tamén se traballará nun proceso de recuperación e recollida de material oral e escrito sobre tradicións, microtoponimia e outras cuestións de interese “para que estas informacións que son parte do que somos pervivan cara o futuro”.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo