Compostela ante o turismo sen control

Fronte a modelos de especulación e fomento de ‘Turismo a granel’, Compostela Aberta é a principal garantía dun modelo de turismo máis responsable. A potencia sen control non serve de nada.

Compostela Aberta presenta alegacións “para mellorar a modificación do PXOM que regula as vivendas turísticas”

Jorge Duarte propón “que se estableza un diferente tratamento para as zonas sensibles en función da presión turística e da necesidade de protección do comercio, porque non tén sentido establecer os mesmos límites na zona histórica que en puntos máis afastados como a Pontepedriña”

Branca Novoneyra: “A actividade cultural debe reforzar o sentimento de identidade de Santiago fronte á frustración derivada do turismo masivo”

A concelleira de CA pídelle ao Goberno local que desenvolva unha programación específica nas zonas máis sobreocupadas de turistas “como estratexia para reforzar a cohesión social e o desenvolvemento local” 

CA pídelle ao Goberno que garanta o cumprimento da ordenanza de terrazas

Jorge Duarte advirte das molestias xeradas á veciñanza por unhas terrazas sobredimensionadas e lembra que xa non están vixentes as restricións no interior dos locais que levaron a flexibilizar o uso do espazo público na pandemia
Marta Lois

Compostela Aberta propón a creación dun Fondo Local para o fomento do turismo sostible coa recadación da taxa turística

Marta Lois pídelle a Bugallo que “unha vez que asumiu a conveniencia do gravame, que defenda a autonomía local para xestionalo diante do presidente da Xunta”

CA apoiará a modificación puntual do PXOM para fomentar o uso residencial “ainda que a proposta chega tarde e é pouco ambiciosa”

Marta Lois e Jorge Duarte lamentaron a lentitude na tramitación da proposta “que é unha oportunidade perdida para regular o uso comercial e parar a proliferación das tendas de souvenirs”

Marta Lois: “Tras as imaxes dos últimos días, Bugallo debe asumir que este modelo turístico pón en risco a nosa cidade e a convivencia”

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que explique que papel tivo na organización da chegada dos máis de 11.000 peregrinos mozos que nestes días abarrotan Santiago, e que medidas adoptou para garantir a seguridade, a convivencia e a protección do patrimonio

Marta Lois reclámalle a Bugallo que “deixe de contar turistas e empece a pensar na sostibilidade do sector”

A portavoz de Compostela Aberta urxe o cumprimento do acordo para a aprobación dos orzamentos, que incluía a creación do Foro Cidadán sobre a Convivencia e o Turismo e do Observatorio de Sostibilidade Turística

CA pide a creación dun Foro Cidadán para a Convivencia e dun Observatorio de Sustentabilidade Turística vinculados aos orzamentos de Incolsa

Marta Lois leva ao Consello de Administración da entidade varias propostas “para que Incolsa sexa un instrumento útil para a gobernanza do turismo e non se limite á promoción”

CA volve reclamar a implantación da taxa turística “despois de que varios membros do Goberno local se pronunciaran a favor dese imposto”

Marta Lois e María Rozas levarán unha proposición ao Pleno para “instar á Xunta a habilitar a taxa e ao Concello a estudar un gravame para excursionistas”

Marta Lois: “Alegrámonos de que o sentido común chegue ao Goberno do PSOE e que agora reclame para Santiago a taxa turística que tanto criticou”

A portavoz de Compostela Aberta insta a Bugallo a trasladarlle oficialmente á Xunta a petición que onte facía no Pleno a súa concelleira de Facenda para que que se poida aplicar a taxa

CA pide que se inclúan accións formativas relacionadas coa hostalería nos Obradoiros de Emprego

Marta Lois explica que outros concellos cun especial peso do sector turístico están dedicando os obradoiros duais en colaboración coa Xunta a este tipo de formación

Compostela Aberta esíxelle ao Goberno que “free a permisividade na ocupación da Praza do Obradoiro”

Jorge Duarte trasladou as queixas de CA na Comisión Asesora de Patrimonio, despois da celebración dun acto na praza que tiña un ditame negativo do órgano

Marta Lois urxe ao Goberno a aclarar “a utilidade práctica dos estudos sobre o turismo nos que leva gastados máis de 130.000 euros”

A portavoz de Compostela Aberta lamenta que o Concello “contrate unha asistencia técnica para desenvolver o Plan de Sostibilidade Turística tendo unha ferramenta como Incolsa, e atrasando un ano a súa posta en marcha”

Marta Lois: “Fronte ao triunfalismo dos grandes números, existe unha fonda preocupación polo modelo turístico baseado na masificación”

Compostela Aberta pedirá ao Goberno local que explique “que accións concretas vai poñer en macha e en que prazos para garanir a sostibilidade turística”

Marta Lois pídelle ao Goberno que recupere o Festival de San Xoán da Praza de Mazarelos

A portavoz de Compostela Aberta lamenta que “o Goberno de Bugallo e Incolsa non procuren alternativas para celebrar a festividade atendendo aos protocolos sanitarios”

Marta Lois: “O Goberno de Bugallo nin escoita nin tén ideas para impulsar novas estratexias que garantan o crecemento sustentable do turismo”

A portavoz de Compostela Aberta denuncia “o escurantismo que rodea o Plan de Sustantabilidade Turística” e pregúntase por que o Goberno non facilita os informes que CA leva tres meses solicitando

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo