Por unha Compostela que siga recuperando o latexo cultural como capital do Cine, Música e Letras

O alcalde e candidato á reelección por Compostela Aberta, Martiño Noriega, participou este luns nun debate a catro organizado polo Ateneo onde desglosou as principais medidas en materia cultural da candidatura que encabeza.


Noriega explicou durante a súa quenda que “CA recuperou durante este mandato a Compostela que latexa cultura, unha cidade que ten unha banda sonora propia tras un mandato do Partido Popular onde se apostou polo silencio e o desprezo”. Por iso avanzou que “se logramos a confianza da veciñanza seguiremos na senda que comezamos a construír estes catro anos, con políticas culturais activas que sexan exemplo en todo o país e que merecen afianzarse no tempo”.

O alcalde e candidato propuxo “seguir reforzando propostas consolidadas como Cineuropa ou Curtocircuíto, dentro desa Compostela de cine que comezamos a impulsar ante a UNESCO durante este mandato”. Xunto a iso prometeu seguir apoiando festivais como o WOS ou organizando actividades como a SELIC. “Foron moitas as iniciativas pioneiras en materia cultural que cómpre fortalecer outros catro anos, dándolle así sentido ao relato cultural que temos para este concello”.

Ademais, entre as propostas novidosas destaca a creación dun bono cultural e unha axenda cultural única que permita acumular descontos ou beneficios xustificando o consumo de cultura na cidade.

Tamén asinaremos a Carta da Igualdade Muller-Home nas Artes Escénicas, que garantirá unha participación femenina paritaria na producción e programación municipal, “dando así continuidade ao proxecto europeo Wom@rts co que visibilizamos ás mulleres nas artes”.

Dación de contas
Nestes catro anos iniciamos a transformación dun modelo de xestión que buscou incrementar a participación da veciñanza, descentralizar e diversificar actividades e transformar as políticas anteriores, volvendo encher as rúas, os teatros e os auditorios de actividades e de cultura. Compostela convertiuse así na cidade do cinema, na cidade da literatura e na cidade da música.

Na cidade do cinema, mellorando e reforzando propostas herdadas como o Curtocircuíto ou Cineuropa, e incluíndo a solicitude de adhesión á Rede de Cidades Creativas da UNESCO na categoría de Cine.

Na cidade da literatura, impulsando un novo modelo de promoción cultural a través da SELIC (Semana do Libro de Compostela), que gozou de moi boa acollida e ten xa un peso específico en Santiago ou o proxecto do Xardín das Palabras, polo que pasan numerosos premios literarios.

Na cidade da música, converténdoa na protagonista das festas, descentralizándoas, apostando polos grupos locais no escenario ‘Compostela (É) Música’, cun modelo de concertos de balde que se completou cos grandes concertos no Multiusos Fontes do Sar, ou impulsando unha ordenanza pioneira que aposta pola música ao vivo nos locais “volvendo encher de son a nosa cidade”.

Todo isto complétase coa captación de fondos europeos a través do programa Wom@rts, coa celebración da Festa do Banquete de Conxo como exercicio de valorización da memoria cívica, coa extensa programación cultural e expositiva do Auditorio de Galicia e coas convocatorias abertas, tanto para compañías de teatro na Sala Agustín Magán como coa creación dunha liña de subvencións por concorrencia competitiva no eido cultural, dotada con 150.000 euros.

Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo