Valoración Eleccións Galegas 25S

A coordinadora de Compostela Aberta fai a seguinte valoración das Eleccións Galegas do 25S:

1) Valoración global. O obxectivo de cambiar o goberno e as políticas do PP non foi acadado, o que constitúe unha oportunidade perdida para o conxunto da esquerda, pois significa a continuidade dos recortes nos servizos públicos e da corrupción.

2) Valoración EnMarea. Con 273.000 votos e 14 escanos, EnMarea convértese na primeira forza da oposición a Feijoo. Valoramos positivamente a construción dunha nova alternativa de esquerdas que se demandaba desde a cidadanía e o municipalismo do cambio. Valórase tamén a emerxencia do liderado de Luís Villares, en sintonía coas demandas dunha política que poña en primeiro lugar as necesidades das persoas. En Marea constitúe unha ferramenta, aínda en construción, para desbancar as políticas neoliberais.

3) Valoración dos resultados en Santiago de Compostela. Aínda que cómpre ter en conta que as eleccións xerais, autonómicas e municipais son diferentes, os resultados na cidade constitúen un toque de atención, e apuntan á necesidade de facer que se visualice o traballo realizado desde o 24 de maio. Estes resultados tamén son unha mostra do cansazo experimentado pola cidadanía pola reiteración de eleccións. Cremos que é preciso traballar a prol da recuperación da ilusión polo traballo constante na rúa.

Arquivado en:Feijóo
Novas
relacionadas

CA insta ao Pleno a defender os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres e a rexeitar protocolos antiabortistas

Marta Lois advirte que “o acontecido en Castela e León semella non ser un caso illado senón responder a un intento de retroceder nas conquistas dos dereitos das mulleres co que o presidente da Xunta se tén mostrado comprensivo”

CA volve reclamar a implantación da taxa turística “despois de que varios membros do Goberno local se pronunciaran a favor dese imposto”

Marta Lois e María Rozas levarán unha proposición ao Pleno para “instar á Xunta a habilitar a taxa e ao Concello a estudar un gravame para excursionistas”

Marta Lois: “Alegrámonos de que o sentido común chegue ao Goberno do PSOE e que agora reclame para Santiago a taxa turística que tanto criticou”

A portavoz de Compostela Aberta insta a Bugallo a trasladarlle oficialmente á Xunta a petición que onte facía no Pleno a súa concelleira de Facenda para que que se poida aplicar a taxa

CA presenta alegacións ao anteproxecto de ampliación do Clínico para garantir a construción dunha nova área de aparcadoiro

Jorge Duarte lembra que “existen alternativas, pero segue faltando vontade política da Xunta e de Bugallo para solucionar os problemas de mobilidade no CHUS”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo