Compostela Aberta quere agradecer a confianza das máis e 10.000 persoas que respaldaron co seu voto o noso proxecto e felicitar a Xosé Sánchez Bugallo pola súa vitoria nas eleccións municipais e poñerse a disposición para facilitar a transición, como así fixo personalmente Martiño Noriega. “DIxen durante toda a campaña que o que a veciñanza vote, ben votado estará. E así o aceptamos.”

Como manifestou Martiño na súa intervención ante os medios, Compostela Aberta presentouse ás eleccións con dous obxectivos fundamentais. O primeiro, impedir un goberno de dereitas como o que sumiu a Compostela na parálise e na corrupción durante a etapa dos 3 alcaldes. O segundo, seguir liderando o espazo de cambio.

En canto ao primeiro obxectivo, manifestamos a nosa satisfacción porque siga sendo así. Sobre o segundo, non podemos esconder que estes son uns resultados moi afastados dos desexados despois destes catro anos de goberno onde se conseguiron fortes avances en políticas sociais, feministas, ambientais, diminución de débeda e desbloqueo de grandes infraestruturas. Avances que esperamos que se sigan consolidando nos próximos anos.

Por último, como ben dixo Martiño Noriega, Compostela Aberta sempre estará ao servizo dos intereses de Compostela, da súa veciñanza, dos seus barrios e parroquias. Así o fixemos nestes anos e así seguirá sendo nesta nova etapa que se abre a partires de hoxe.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies