Xan Duro: “Augas de Galicia e o Concello son opacos e dan versións contraditorias sobre a xestión da vertedura de xurros ao Tambre”

Compostela Aberta solicitoulle ao organismo autonómico e ao Goberno local a información de todos os pasos dados diante do vertido “para aclarar quen tivo o control da situación, que fallou e evitar que se repitan erros”

Compostela Aberta vén de solicitarlle a Augas de Galicia toda a información ao respecto da vertedura de xurros no río Tambre, o pasado 9 de setembro, “co obxectivo de aclarar as contradicións nas versións facilitadas pola Xunta e polo Concello, e garantir un mellor funcionamento do protocolo de cara ao futuro”. O concelleiro Xan Duro incidiu en que “a xestión do vertido foi absolutamente opaca, e é evidente que a Xunta e o Goberno local non fan máis que pasarse a pelota da responsabilidade, pero ninguén fai unha reflexión seria sobre que é preciso mellorar nos protocolos”.

Xan Duro solicitoulle a Augas de Galicia copia de todos os expedientes, informes, e rexistros de comunicacións relativos á vertedura de xurros no río Tambre,  “unha petición que se suma á que tamén lle fixemos xa ao Goberno o día 22 de setembro, e sobre a que aínda non temos resposta”. O concelleiro de Compostela Aberta explicou que “o noso obxectivo é coñecer como se xestionou o incidente e quen tomou as decisións ao respecto, porque o certo é que as explicacións que deron a concelleira Mila Castro, a directora de Augas de Galicia e mesmo a conselleira Ethel Vázquez son contraditorias”.

Explicacións de Mila Castro

No Pleno do pasado 30 de setembro, a concelleira Mila Castro asegurou que “non existiu ningunha comunicación previa da Xunta nin do Seprona nin ao Concello nin a Viaqua sobre a vertedura nin o xoves 9 de setembro in o venres 10”, e engadiu que “reflexión hai que facela, pero a nosa non tén nada que ver cos feitos que se relataron na prensa nin por parte de Augas de Galicia nin da conselleira nin de ninguén”. A concelleira responsable de Medio Ambiente relatou que “o venres 10 de setembro ás 10 da mañá o capataz da ETAP recibe unha chamada dun técnico de vertidos de Augas de Galicia interésándose por se tivera detectado algún problema de calidade na captación da auga. Infórmaselle que nese momento a situación é normal, ante o cal comenta moi rápidamente, en cuestión de segundos, que se producira un vertido sen facilitar máis detalles ao respecto e trasladando total normalidade, e sen apuntar ningunha necesidade”. Segundo a súa explicación, foi ás 3 da madrugada do venres ao sábado cando se detecta un cheiro inusual no río, e a concesionaria toma a decisión de paralizar a captación da EDAR. Ás 8.30 da mañá do sábado, “a xefa da planta ponse en contacto co número que quedara gravado da anterior chamada (do técnico de vertidos de Augas de Galicia)”, e é entón cando se coñece a orixe da vertedura “pero sen precisar máis detalles sobre se o vertido parara, das accións para paralo, da posible duración do episodio, e advertindo que todo era información confidencial”. Mila Castro asegurou que Viaqua se puxo na mañá do sábado en contacto co Seprona, que respondeu que non podía facer nada porque non había servizo de garda, e apuntou que ela mesma foi coñecedora da situación ás 9.30 da mañá do sábado a través dunha chamada da concesionaria, e sinalou que “nese momento eu chamei, non me chamaron eles, á dirección de Augas de Galicia”.

Versión da Xunta

As explicacións que a concelleira deu no Pleno contrastan coas da Xunta de Galicia. Así, a responsable de Augas de Galicia asegurou nos medios de comunicación que “o protocolo do 112 funcionou perfectamente e o do Plan de Control de Verteduras tamén. Avisaron a quen desde o punto de vista técnico consideran que era o punto sensible”. Tamén a conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez instou ao alcalde e ao Concello a realizar unha reflexión interna sobre os seus protocolos entre a explotadora da potabilizadora e o propio Concello tras a vertedura de xurros, reivindicando unha actuación de Augas de Galicia “exemplar, rápida e contundente”. Segundo a súa versión “o persoal de Augas de Galicia persoouse ante responsables da ETAP para comunicar o acontecido e que estiveran pendentes para adoptar medidas”.

Novas
relacionadas

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

María Rozas: “No próximo mandato hai que tomar decisións sobre a auga, e CA non renuncia á xestión directa nin permitirá que gobernen as concesionarias”

A candidata de CA á alcaldía e o número 2, Xan Duro, insisten en que “hai que continuar o camiño iniciado no pasado mandato, porque hai datos que avalan que a xestión directa é o mellor modelo para os intereses da veciñanza”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo