Xan Duro: “Na municipalización da ORA tiñamos a certeza de ter feito as cousas ben, e hoxe queda demostrado que así foi”

Seis anos despois de que o Goberno de Compostela Aberta impulsara a municipalización da ORA e do guindastre, o concelleiro Xan Duro vén de asinar a resolución pola que o Concello lle reclama á empresa Setex Aparki o pago de máis de 716.000 euros pola liquidación do seu contrato.

 Desta maneira, e despois dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pónselle fin aos litixios xudiciais que acompañaron o proceso, litixios impulsados pola empresa que xestionaba eses servizos en función dunha adxudicación que fora anulada xudicialmente en 2015, tamén polo propio TSXG. Para o edil de Compostela Aberta, “queda claro que as cousas se fixeron ben, e que ainda que os agoreiros falaban de custos millonarios para o Concello, eses custos serán, como nós diciamos, para a empresa”.

O concelleiro de Mobilidade compareceu en rolda de prensa para explicar a resolución da que se deu conta na Xunta de Goberno desta mañá. Xan Duro recoñeceu a súa satisfacción por poder asinar este decreto “como membro do actual Goberno, e sobre todo como concelleiro de Compostela Aberta que fixo parte do Goberno que afrontou a municipalización da ORA e do guindastre no medio de grandes críticas de parte da oposición, que cifraba en ata dous millóns e medio de euros os custos do proceso para o Concello”. O edil de CA lembrou que, ao longo destes seis anos, “a xustiza demostrou o contrario, confirmando primeiro que o Concello non tiña que pagarlle a Setex o millón de euros que reclamaba polos parquímetros, e ratificando agora o TSXG que a empresa debe abonar tamén 716.000 euros pola liquidación do contrato, unha cifra moi similar á que establecera o Goberno en 2018”.

Xan Duro lembrou que “ao longo destes seis anos foron moitas as ocasións nas que se falou da municipalización da ORA e o guindastre como unha operación ruinosa para o Concello de Santiago. Compostela Aberta sabía que fixera as cousas ben, e hoxe queda demostrado que así foi”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta non apoiará ningún modelo de xestión da auga que non garanta o control público do servizo 

María Rozas lamenta que a oposición “manteña unha posición prefixada e non contemple ningunha alternativa ao modelo privatizado que despois de máis de 50 anos deixou unhas infraestruturas obsoletas en Santiago e unha preocupante falta de transparencia”. CA defende a fórmula da empresa mixta para avanzar no control público da auga e para garantir que os seus beneficios se reinvistan na mellora do servizo e polo tanto en favor da veciñanza.

Compostela Aberta, BNG, PSOE e as concelleiras non adscritas presentan unha moción conxunta en apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública do 1 de febreiro

Os grupos municipais de Compostela Aberta, BNG e PSOE e as concelleiras Non Adscritas acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes xaneiro, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia para o 1 de febreiro. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.

Compostela Aberta apoia a folga na Atención Primaria

Compostela Aberta manifesta o seu apoio á folga convocada polo persoal da Atención Primaria en Galicia, co obxectivo de protestar contra a precariedade laboral e asistencial que sofre o sistema sanitario galego. Denunciando unha estratexia calculada, por parte do goberno galego, que procura un desmantelamento do servizo público e unha privatización paulatina dun dos que debería ser un dos piares do Estado de benestar galego.

Compostela Aberta súmase á Plataforma “Emerxencia, Dependencia”

María Rozas participou na reunión constitutiva da Plataforma “Emerxencia, Dependencia”, que reúne a organizacións sociais, políticas e sindicais para alertar da situación de emerxencia na que se atopa o sistema de dependencia en Galicia. O próximo 17 de novembro, a Plataforma concentrarase diante do Parlamento.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo