Xan Duro: “O Concello debe exixirlle á Xunta que modifique o trazado da liña de alta tensión que ameaza o Souto”

  • Compostela Aberta denuncia que o proxecto non sería posible se o Goberno de Bugallo tivera tramitado a declaración de ENIL para esta área, tal e como lle encomendou o Pleno hai tres anos
  • CA reclamará no Pleno que o Concello inicie o procedemento para a declaración do Souto como Espazo Natural de Interese Local e que se posicione en contra do proxecto que se atopa en exposición pública

Compostela Aberta quere que o Concello lle reclame á Xunta o redeseño do trazado da liña aérea de alta tensión que vai de Mazaricos a Santiago, no tramo que lle afecta ao espazo natural do Souto. Así se recolle nunha proposición que Xan Duro defenderá no próximo Pleno. O concelleiro de CA tamén reclama que o Goberno local inicie o procedemento para a declaración do Souto como Espazo Natural de Interese Local, tal e como o Pleno xa acordara en xullo de 2019. Duro incidiu en que “de terse realizado estre trámite, o Souto non estaría agora ameazado por un proxecto que supón unha enorme agresión para unha zona dunha gran riqueza natural e patrimonial”.

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 22 de agosto o proxecto da liña de alta tensión que conectará os parques eólicos da Picota, en Mazaricos, con Santiago. Polo termo municipal de Compostela discorrerán preto de catro quilómetros desta liña, dos que 2,2 serán de trazado aéreo, e 1,4 de liña soterrada. Parte do trazado aéreo aféctalle ao lugar do Souto, onde o proxecto prevé a instalación de sete apoios para o cableado, con catro cimentacións de formigón cada un deles e con alturas por riba dos 20 metros. Dous deles, ademais, afectanlle directamente ás masas de árbores caducifolias autóctonas e ao xacemento da Silvouta.

Xan Duro cualificou o proxecto da liña de alta tensión como “un auténtico despropósito que o Concello de Santiago non pode permitir, e por iso urximos ao Goberno, e nomeadamente ao alcalde, a reclamar de maneira inmediata o redeseño do trazado”. O concelleiro de Compostela Aberta incidiu en que “é posible diminuir o impacto da liña, cun proxecto que contemple o seu soterramento en paralelo á autovía AG-56, evitando o que sería unha agresión irreversible a un espazo cun enorme valor  patrimonial, arqueolóxico e etnográfico ademais de ambiental”. Duro lembrou que no Souto concéntranse especies autóctonas como carballo, loureiro e freixo; fauna protexida polas directivas europeas como a papuxa do mato, a lontra e o caracol de Quimper; e importante patrimonio etnográfico como o petróglifo do Souto, os restos da fábrica de papel do Pego, ou Castro de Quistiláns ou o xacemento da Silvouta. O edil incidiu en que “é incomprensible que a Xunta viabilice un proxecto que tería gran afectación sobre especies protexidas e sobre elementos patrimoniais catalogados pola propia Xunta”. 

Atraso na tramitación do ENIL

Xan Duro insistiu en que “esta nova ameaza ao Souto teríase evitado se o Goberno local fixera os deberes e tramitara a declaración do Souto como Espazo Natural de Interese Local, tal e como o Pleno lle encomendou en xullo de 2019 a partir dunha proposta de Compostela Aberta”. Agora, lamentou, “temos sobre a mesa un proxecto que, de viabilizarse, probablemente dificultará que o Souto acade a consideración de ENIL no futuro e, polo tanto, unha especial protección dos seus valores naturais”.

O concelleiro de CA denunciou que “tres anos despois de que o Pleno lle encomendara ao Goberno iniciar a tramitación da ENIL e a elaboración dun plan de conservación do Souto, nada sabemos dos pasos que deu o Concello, máis alá dunhas conversas que a concelleira Mila Castro asegurou manter coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural en setembro de 2020”. Xan Duro reclamou explicacións sobre o traballo feito ata agora para conseguir que o Souto sexa cualificado como Espazo Natural de Interese Local, e reclamoulle ao Goberno “que retome estas xestións con carácter urxente”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA O REDESEÑO DA FUTURA LIÑA DE ALTA TENSIÓN AO SEU PASO POLO SOUTO E PARA A DECLARACIÓN DESTE ESPAZO COMO ENIL

 

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo