Xan Duro: “O Goberno debe iniciar xa o control do servizo do lixo, porque é evidente que non está a funcionar correctamente”

Compostela Aberta e BNG acompañaron ao persoal de Urbaser no servizo nocturno do venres, e comprobaron in situ as deficiencias do servizo
  • Un só varredor para o Ensanche e a zona histórica, cando debía haber cinco, demostra o incumprimento do contrato en canto a medios humanos

O concelleiro de Compostela Aberta Xan Duro exixiulle hoxe ao Goberno local “que deixe de mirar para outro lado e de atender a intereses que nada teñen que ver cos da veciñanza, e empece a inspeccionar e garantir o correcto funcionamento do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria”. O edil, que na noite do venres acompañou ao persoal de Urbaser na súa quenda de traballo, reiterou que “é máis que evidente que non se está cumprindo o actual contrato en canto á dotación de medios materiais e humanos, e iso ten consecuencias para os propios traballadores e os seus dereitos, pero tamén para a veciñanza”. O mellor exemplo, sinalou, “é que nese turno había un único varredor facendo o traballo que na oferta de Urbaser se estima para cinco persoas”.

O comité de empresa de Urbaser convidou aos grupos da oposición a acompañar aos traballadores no turno da noite de venres, para comprobar de primeira man as moitas deficiencias que se están a producir na prestación do servizo. Xan Duro explicou que “puidemos ver como todo o traballo de barrido das rúas da zona vella e do Ensanche recaeu nesa noite nun único traballador, por mor das baixas sen cubrir doutro persoal, e non hai que explicar que é imposible que unha soa persoa atenda correctamente unha función que lle corresponde a cinco empregados, tal e como se especifica na oferta técnica pola que Urbaser gañou a licitación do servizo”. O edil incidiu en que “no que tén que ver co persoal, non hai ningunha escusa para non cumprir o prego, e o Goberno é responsable de non facer un control estrito do que está a pasar no servizo”. Xan Duro lamentou, ademais, “a lentitude coa que se están implementando as melloras previstas no contrato en canto a medios materiais, porque no percorrido comprobamos como se manteñen moitos contedores vellos e en mal estado, illas soterradas que non funcionan, e camións con múltiples deficiencias”. 

No Pleno do próximo día 15 debateráse unha moción conxunta presentada por Compostela Aberta, BNG e PP para reclamarle ao Goberno ue adopte as medidas necesarias para garantir o cumprimento das condicións establecidas no novo contrato da recollida do lixo e limpeza viaria, así como do convenio que lle afecta ao persoal. Xan Duro lembrou que “os traballadores e traballadoras levan meses denunciando a súa situación, que tén derivado na convocatoria dunha folga diante da pasividade do Goberno e, nomeadamente, do alcalde e da concelleira de Medio Ambiente”. Para o concelleiro de CA, “é urxente que Bugallo e Mila Castro se poñan a traballar, avalíen o funcionamento dun servizo municpal especialmente sensible para a veciñanza e medien entre a empresa e os traballadores”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo