Convivencia

Xan Duro pídelle ao Goberno que informe do funcionamento da Policía de Barrio “porque supostamente leva un ano operativa e a veciñanza segue sen notalo”

O concelleiro de CA cualifica de “sorprendente” que A.VV. Raigame veña de reclamar a creación da Policía de Barrio, cando o Ensanche forma parte dun dos distritos anuniados polo Goberno, con 23 efectivos asignados

O concelleiro de Compostela Aberta Xan Duro instou hoxe ao Goberno a explicar “cal está a ser o funcionamento da Policía de Barrio, porque o alcalde e o concelleiro Gonzalo Muíños anunciaron a súa posta en marcha hai xusto un ano, e á veciñanza parece non constarlle que o servizo estea operativo”. O edil explicou que “o grupo municipal de CA ven recollendo queixas ao respecto en diferentes barrios da cidade, queixas ás que se sumou publicamente a asociación veciñal Raigame tras os apuñalamentos rexistrados no Ensanche”. Para Duro, “é sorprendente que os veciños sigan reclamando que se cumpra a promesa de impulsar a Policía de Barrio, cando segundo o Goberno debería levar un ano funcionando”.

Compostela Aberta preguntará no Pleno da próxima semana se a Policía de Distrito está plenamente operativa, un ano despois de que o alcalde e o concelleiro de Mobilidade anunciaran a súa posta en marcha nunha reunión con diferentes asociacións veciñais da cidade. Segundo informou nese momento Gonzalo Muíños, a Policía de Barrio estaría en marcha a partir do 1 de febreiro, con 71 efectivos asignados. O Goberno, a través da web municipal, explicou que o servizo estaría organizado en catro distritos: o Distrito 1 correspondente á zona monumental; o Distrito 2 dividido en dous sectores, un para o Ensanche e outro para as zonas de Vista Alegre, Campus Universitario, San Lourenzo, Conxo, Santa Marta, Vidán e A Rocha; o Distrito 3, tamén dividido en dous sectores, un para Vite, As Cancelas, San Pedro, Concheiros e Polígono do Tambre, e outro para San Lázaro, Fontiñas, Pontepedriña, Castiñeiriño, e os polígonos da Sionlla e Costa Vella; e o Distrito 4, correspondente ao rural. 

Xan Duro sinalou que “Compostela Aberta leva meses recollendo queixas da veciñanza, que parece non percibir ainda a posta en marcha da Policía de Barrio anunciada hai un ano”. De feito, indicou, “esta cuestión foi recurrente en diferentes encontros, en barrios como Fontiñas ou Conxo”. O concelleiro explicou que “as nosas dúbidas sobre a operatividade da Policía de Barrio incrementáronse tras as queixas formuladas pola asociación veciñal Raigame, que nun comunicado tras os apuñalamentos rexistrados no Ensanche reclamaron que se cumprira a promesa de poñer en marcha ese servizo”. Para Xan Duro, “é incomprensible que a entidade veciñal afirme que non sabe nada da Policía de Barrio, un ano despois da súa suposta posta en marcha, e cando un dos obxectivos do servizo era mellorar o fluxo da información entre a Policía e a veciñanza para coñecer mellor os problemas de cada área”. O concelleiro de Compostela Aberta incidiu en que o Ensanche formaba parte dun dos distritos anunciados polo Goberno o 28 de xaneiro de 2022 para a posta en marcha da Policía de Barrio, e tería asignados 18 policías, 4 oficiais e un inspector.

Para o concelleiro de CA, urxe que o Goberno aclara se a Policía de Barrio está operativa e cal está a ser o seu funcionamento, “porque é evidente que o servizo non está a funcionar como debera cando son moitos os veciños e veciñas que recoñecen non percibir a súa presenza”.

XAN DURO PIDE EXPLICACIÓNS SOBRE A POLICÍA DE BARRIO

Documentación
relacionada
PREGUNTA ORAL DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE O FUNCIONAMENTO DA POLICÍA DE BARRIO
Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo