Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

Díaz compartiu o tradicional xantar nas carpas da Alameda coa candidatura de Compostela Aberta

 Yolanda Díaz viaxou a Santiago para compartir o día grande das festas da Ascensión con Compostela Aberta e coa candidata á alcaldía, María Rozas, da que dixo que é “unha mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”. A vicepresidenta do Goberno pediu que o próximo 28 de maio “a xente progresista se mobilice para apoiar a CA e para que María Rozas sexa a próxima alcaldesa de Compostela”.

Yolanda Díaz, María Rozas e boa parte da candidatura de Compostela Aberta fixeron un pequeno percorrido polas rúas da zona vella, antes de compartir o tradicional xantar de polbo nas carpas instaladas na Alameda. En declaracións aos medios, a vicepresidenta do Goberno lembrou que “nas eleccións municipais decídense cousas moi importantes, porque é aos concellos a onde primeiro chegan os problemas da xente”. Por iso, Díaz pediu a mobilización do voto progresista en apoio para María Rozas, da que destacou que é unha muller “profesional e feminista, que tén a experiencia de ter gobernado en Santiago no pasado mandato”.

María Rozas reivindica o voto útil a CA

María Rozas aproveitou a presenza de Yolanda Díaz para reivindicar que “Compostela Aberta é un exemplo a seguir, un espazo de esperanza e unitario para impulsar políticas transformadoras, e é a única forza que garante un cambio de rumbo en Santiago, e por iso é o verdadeiro voto útil para a xente progresista ”. A candidata de CA agradeceulle o seu apoio á vicepresidenta e líder de Sumar, e fixo un balance positivo do transcurso da campaña electoral “na que estamos eteno moi bo retorno da veciñanza, e na que seguiremos aproveitando cada segundo para que as nosas propostas chegen a toda veciñanza”.

Xornada de fraternidade

Yolanda Díaz arroupou a Compostela Aberta no Xoves da Ascensión que se tén convertido nunha xornada de confraternidade para a organización. A vicepresidenta compartiu mesa coa candidata de CA á alcaldía, María Rozas, e con boa parte da lista de Compostela Aberta para o próximo día 28. Non faltaron ao xantar todas as mulleres e homes do primeiro tramo: Xan Duro, Comba Campoi, Miguel Penas, Graciela Carro, Javi García, Marisa Álvarez Garea, Jaime Bello, Luisa Pasín e Marta Lois. Tampouco faltaron outras integrantes da candidatura como André Seoane, Soledad García Rio, Noa Morales, Eli Cabezas, Rocío Núñez, María Gigirey, Jesús Rivera, ou  Marilar Aleixandre; o concelleiro Jorge Duarte, e outros simpatizantes de Compostela Aberta.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo