CA mostra o seu apoio á Coordinadora Galega de ONGDs e lamenta a falta de interese do Goberno na cooperación ao desenvolvemento

A concelleira María Rozas denuncia que “o Goberno de Bugallo vai camiño de perder os fondos das subvencións ao desenvolvemento por cuarto ano consecutivo”
  • A Coordinadora Galega de ONGDs vén de renunciar a executar o programa Compostela + Solidaria pola falta de compromiso coa loita contra a pobreza

Compostela Aberta lamentou “a absoluta incapacidade e pasotismo” do Goberno de Bugallo, que leva todo o mandato sen convocar as axudas á cooperación ao desenvolvemento e, polo tanto, sen executar máis de medio millón de euros que incluiu no seu orzamento. A concelleira María Rozas reuniuse hoxe cunha representación da Coordinadora Galega de ONGDs, que vén de anunciar que renuncia a executar o programa Compostela + Solidaria, pola falta de compromiso real do Goberno coa cooperación ao desenvolvemento e a loita contra a pobreza.

María Rozas lembrou que Compostela Aberta “denunciou esta situación no Pleno, en outubro de 2020 e en novembro de 2021, e o concelleiro Sindo Guinarte só soubo escusarse en cuestións técnicas para non ter realizado a convocatoria”. A concelleira de CA lembrou que “o noso Goberno, no pasado mandato, foi quen de impulsar estas subvencións de nova creación e de realizar e executar dúas convocatorias das mesmas”. “Sorprende”, engadiu Rozas, “que o autodenominado Goberno dos bos xestores se declare incapaz de sacar adiante esta convovatoria, e máis ben semella que os problemas técnicos dos que fala Guinarte sob en realidade falta de vontade política”. Para a concelleira, “é grave este pasotismo nun contexto como o actual, nunha crise que comezou coa pandemia e que se agravou pola guerra de Ucraína, e que ten consecuencias nos países máis desfavorecidos”.

Medio millón de euros perdidos

Tal e como denunciou onte a Coordinadora Galega de ONGDs, semella que o Goberno de Bugallo vai deixar sen convocar as axudas de cooperación ao dese volvento por cuarto ano consecutivo. En 2019 deixou sen executar os 120.000 euros que quedaran orzados por CA para estas subvencións, e en 2020 o PSOE incluíu unha partida idéntica nas contas, pero tampouco convocou as axudas. Xa en 2021, e diante das queixas de Compostela Aberta e da propia Coordinadora, aumentou a partida ata 220.000 euros, pero finalmente tampouco houbo subvencións. Agora, segundo denuncia a entidade, “tampouco parece haber vontade de sacar adiante as axudas, e por cuarto ano consecutivo Sindo Guinarte recoñece a súa incapacidade para executar o seu orzamento”.

A propia Coordinadora Galega de ONGDs recordou onte, a través dun comunicado, que o Concello impulsou no pasado mandato a convocatoria de axudas a proxectos de cooperación ao desenvolvemento e, grazas a estas axudas, nove entidades galegas traballaron cuestións como a mellora da calidade educativa, a promoción da saúde, a equidade de xénero, o reforzo das capacidades para mellorar a xestión pública da auga ou o fortalecemento de cooperativas de pescadores e pescadoras, man a man con organizacións locais de Honduras, O Salvador, Guatemala, Nicaragua e India.

O programa Compostela + Solidaria que renuncia a executar a Coordinadora desenvolveuse nos últimos seis anos, co obxectivo de divulgar o labor das ONGDs en distintos espazos da cidade, e convertiu a Santiag nuha referencia á hora de reflexionar sobre temáticas como as migracións, a convivencia entre culturas, a emerxencia climática ou o consumo responsable.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo