CA propón un programa de actividades físicas e creativas nos parques “para mellorar a sáude física e mental da veciñanza”

Branca Novoneyra pídelle ao Goberno que impulse unha programación específica “que combata os efectos nocivos do sedentarismo entre as persoas mozas e adultas”
  • Santiago está por riba da media galega en porcentaxe de poboación con vida sedentaria e sobrepeso

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha moción na que insta ao Goberno a organizar de cara ao verán un programa de actividades físicas e creativas nos parques e zonas verdes. A concelleira Branca Novoneyra explicou que o obxectivo “é contrarrestar os efectos nocivos do sedentarismo, especialmente entre as persoas mozas e maiores”. Segundo o Diagnóstico de Saúde do Concello de Santiago, Compostela supera a media galega nas porcentaxes de poboación con vida sedentaria e con sobrepeso.

Branca Novoneyra mostrou a súa preocupación polos datos do Diagnóstico de Saúde, elaborado pola Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC e presentado na última sesión do Consello Municipal de Saúde. Ese documento sinala que o sedentarismo en Santiago aféctalle ao 42% da poboación de Santiago, cinco puntos por riba da media galega; e o sobrepeso ao 41,6 por cento, fronte á media galega do 39,1%. Esta tendencia está agudizada en determinadas zonas da cidade como Conxo ou Vite, onde tamén se acadan porcentaxes máis altas de sobrepeso infantil. Tamén en relación á saúde mental, a diagnose advirte de que o 23,1% das mulleres e o 11,1% dos homes sofren depresión ou ansiedade. 

Para a concelleira de Compostela Aberta, “a administración municipal ten que actuar fronte a estes datos, cunha estratexia que impulse unha vida activa da veciñanza e que, polo tanto, favoreza a súa saúde física e mental”. Branca Novoneyra incidiu en que “esta é unha recomendación da Organización Mundial da Saúde, que ten reclamado que as institucións públicas favorezan o acceso equitativo a espazos seguros nos que realizar actividades físicas de maneira regular, nomeadamente espazos ao aire libre”. Así se recolle no Plan de Actividade Física da OMS para o período 2018-2030, actualizado por mor da pandemia da Covid-19, que ten como obxectivo diminuir a inactividade física nun 15% en 2030 para así aminorar os custos sanitarios e aumentar a calidade de vida e a saúde mental.

Na moción que defenderá no Pleno, Branca Novoneyra insta ao Goberno a aproveitar as moitas zonas verdes das que dispón Compostela para organizar unha programación específica no verán, que teña como obxectivo mellorar a saúde física e mental da poboación. A concelleira de Compostela Aberta sinalou que “esta programación pode conxugar as prácticas físicas e artísticas, e podería correr a cargo dos moitos profesionais que temos en Santiago con  ampla experiencia no desenvolvemento de actividades terapéuticas, artísticas e de lecer orientadas ao benestar”. Novoneyra sinalou que “a día de hoxe desde o Concello non se ten presentado ningunha oferta de ocio saúdable destas características pensada para a poboación moza e adulta, que é precisamente a que require dun maior pulo e acompañamento para abandonar a vida sedentaria”.

Documentación
relacionada
Moción do Grupo Municipal de Compostela Aberta polo desenvolvemento dunha programación de actividades saudables nos parques durante o verán
Novas
relacionadas

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo