Compostela Aberta reclámalle ao Goberno a elaboración dun “Plan Conxo” para responder ás demandas da veciñanza do barrio

Marta Lois pide “un documento ambicioso, elaborado da man da veciñanza, e dotado orzamentariamente para o periodo 2023-2027”
  • Compostela Aberta celebrou unha asemblea aberta en Conxo, na que os residentes mostraron o seu malestar polas defciencias da obra do contorno da igrexa e do CSC 

Compostela Aberta reclámalle ao Goberno “que deseñe un Plan Conxo para atender as demandas da veciñanza, contando coas achegas do tecido social do barrio, e que estea dotado orzamentariamente para o periodo 2023-2027”. A voceira municipal de CA, Marta Lois, explicou que o obxectivo “é darlle unha resposta integral á debeda histórica que o Concello ten con Conxo, tal e como puidemos constatar na asemblea aberta que o noso grupo municipal vén de celebrar no barrio”.

Compostela Aberta celebrou unha xuntanza coa veciñanza de Conxo, na que o grupo municipal recolleu multitude de demandas, a maioría delas relacionadas coas obras de entrada do Camiño Portugués, que cambiaron a fisonomía da contorna da igrexa da Mercé e do centro sociocultural Aurelio Aguirre. Marta Lois lamentou que esta actuación “que debera ser unha oportunidade para o barrio acabara convertida nun problema para os residentes, que non entenden que non se solucionaran as moitas eivas no acabado da praza, e das que CA xa deu conta en Pleno en dúas ocasións, a primeira delas hai case un ano”. A portavoz de Compostela Aberta reiterou a necesidade de resolver cuestións como as inundacións que está a sufrir a nova praza de Conxo, os problemas de accesibilidade, a instalación de novas varandas e de mobiliario urbano, a reposición de pedras rotas, ou a revisión da mobilidade na zona. Marta Lois urxiu ao Goberno “a escoitar as máis que razonables demandas da veciñanza en relación a esta obra, a falar coa Xunta de Galicia, e a procurar solucións coa maior urxencia”.

Déficits estruturais

Á marxe do relativo a esta actuación, Marta Lois explicou que a veciñanza de Conxo reclam “un plan máis amplo e ambicioso, que atenda os déficits estruturais que veñen do pasado e afronte os desafíos de futuro”. A concelleira pón o acento nas cuestións relacionadas coa mobilidade “porque segue aberta a fractura que supuxo a construción do periférico, e urxe esixirlle ao Ministerio de Fomento que acometa a humanización da rotonda que tén comprometida, para que tamén se poida desenvolver o proxecto da praza de Antón Fraguas no espazo público anexo”. A estas actuacións deberan engadirse outras, como os reasfaltados,a construción de beirarrúas, a mellora da conexión peonil coa Rocha, a ampliación da rúa do Penedo, ou a eliminación da bolsa de infravivenda do Monte de Conxo. A veciñanza tamén reclama o acondiciónamento da praza da Mercé e a súa contorna, a recuperación da Casa das Asociacións de Cornes para o uso do barrio, ou a mellora de parques infantís e pistas deportivas.

Marta Lois recoñeceu que “o barrio presenta numerosas deficiencias, que só se poden atender cun plan que sexa deseñado da man da propia veciñanza, que non contemple parches puntuais senón solucións integrais e que, polo tanto, sexa proxectado a medio prazo”. A concelleira pediulle ao Goberno que “se poña a traballar na elaboración deste plan, co obxectivo de dotalo orzamentariamente de maneira plurianual, para o periodo 2023-2027, garantindo tanto o financiamento como o desenvolvemento das diferentes actuacións ocasionando as mínimas molestias para o barrio”. Estas demandas foron incluidas nunha moción que se vai debater no Pleno do próximo xoves.

Arquivado en:PlenoSantiago
Documentación
relacionada
proposición do grupo municipal de compostela aberta sobre a situación do barrio de conxo e para o deseño dun plan específico para a súa revitalización
Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo