Marta Lois: “É unha vergoña que Bugallo contrate á mesma empresa para decidir cal é o mellor modelo de xestión da auga e para facer os pregos da nova licitación”

O Pleno da Corporación esíxelle ao Goberno “transparencia e informes para decidir a mellor maneira de xestionar o ciclo integral da auga”
  • Xan Duro: “Se o Goberno segue enrocado en non pedir informes é porque hai intereses ocultos que descoñecemos, pero que seguro que non lle van beneficiar á Santiago e á súa veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta lamentou hoxe que o Goberno local “siga negándose a avaliar os diferentes modelos de xestión da auga, ainda cando llo pide unha ampla maioría da Corporación municipal e tamén da veciñanza de Santiago”. Foi durante un Pleno extraordinario convocado a petición dos tres grupos da oposición, e no que Marta Lois insistiu en que “non estamos diante dun debate meramente ideolóxico nin estamos pedíndolle que municipalicen o servizo. Hoxe só pedimos transparencia e que se realicen os estudos necesarios para saber que é o que máis lle convén ao noso municipio e á cidadanía”.

Marta Lois foi moi crítica coa actitude do Goberno, “que segue empeñado en facer ver que este é un debate ideolóxico ou partidista, cando é evidente que tres grupos da oposición que teñen posturas ideolóxicas confrontadas concordan hoxe en que é preciso abrir o debate e estudar todas as alternativas posibles”. Para a portavoz de CA, “o debate hoxe é se o Goberno quere ou non quere recuperar o control sobre o servizo da auga, e parece que non quere, e non fai máis que simular unha transparencia que non é existe”. Nesa liña, a concelleira denunciou que “Bugallo contratou á mesma empresa para avaliar os diferentes modelos de xestión e para redactar os pregos para a licitación do servizo, nunha práctica vergoñenta, porque é como encargarlle a unha empresa tabaqueira que informe dos efectos do tabaco para a saúde”.

Xan Duro: “Se Bugallo ten datos de que a xestión privada é a máis beneficiosa, que os presente”

No Pleno extraordinario celebrado hoxe tamén interviu o concelleiro Xan Duro, que lembrou que durante o pasado mandato “deramos importantes pasos para estudar os diferentes modelos de xestión da auga, coa creación dunha comisión da que formaban parte os grupos políticos e técnicos municipais que Bugallo quixo enterrar en contra de todos os acordos plenarios adoptados nestes dous anos e medio”. O edil de Compostela Aberta insistiu en que “levamos 50 anos cun modelo no que o Concello de Santiago non tén o control do servizo, do que non se fixo ningunha auditoría, no que non sabemos nin o que se cobrou nin o que se gastou”.

Xan Duro sinalou que “o que sí sabemos porque o din os informes que xa temos é que nestes anos de xestión privada a concesionaria fixo obras con custos moi superiores aos prezos de mercado, que se podería ter rebaixado a tarifa da auga, e que mesmo se terían xerado máis de 2,5 millóns de euros ao ano para reinvestir na rede”. O concelleiro mostrouse convencido de que “os números dan para poñer en marcha outro modelo, e se o alcalde tén outras cifras debería dalas para demostrar que outros 25 anos de xestión privatizada da auga son beneficiosos para Santiago”.

O concelleiro de Compostela Aberta finalizou sinalando que “hai alternativas e hai experiencias que funcionan, como a de Valladolid. Pero tememos que o alcalde seguirá enrocado na súa posición, non sabemos por que intereses ocultos, que seguro que non son os que máis van beneficiar á cidadanía”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo