Marta Lois: “Xa ninguén dubida de que Bugallo suspendeu na materia da xestión e saca matrícula de honra na da soberbia”

A portavoz municipal de Compostela Aberta lamentou “os tres anos perdidos deste Goberno” no Pleno sobre o debate do estado do municipio

A portavoz municipal de Compostela Aberta reiterou hoxe que “o de Bugallo é un Goberno que só vive de rendas, de recoller o sementado no anterior mandato, falto de propostas, que ten demostrado amplamente a súa nula capacidade de xestión e que só saca matrícula de honra na materia da soberbia”.  No Pleno do debate sobre o estado do municipio, Marta Lois  incidiu en que “o mandato de Bugallo está finiquitado e a veciñanza está xa moi cansa das formas do pasado e dos tres anos perdidos por este alcalde”.

A portavoz de Compostela Aberta comezou a súa intervención recoñecendo “a difícil situación de crise global na que nos atopamos, por mor da pandemia e da crise enerxética”, e advertiu que, nesta situación “o Concello debe estar centrado nas necesidades da xente, e iso require escoitala e atender as súas demandas”. Para Marta Lois, “precisamente nesta materia do diálogo e da escoita activa é na que está a suspender Bugallo, mentres  que saca matrícula de honra en soberbia, mesmo con derivas autoritarias das que tamén se contaxian determinados concelleiros”. 

Soberbia e autoritarismo

Marta Lois lamentou que “Bugallo non cre na democracia real, porque para el abonda con votar cada catro anos”. A portavoz municipal de Compostela Aberta sinalou que “nisto é precisamente no que se nota que volveu Bugallo, como ben sabe a veciñanza de Fontiñas, a de Brandía que ve como lle constrúen unha gasolineira diante das casa, a do Ensanche á que lle quere impoñer unha solución para Peleteiro, á de Meixonfrío onde quere construir unha plataforma loxística da que non deu explicacións, a do barrio de San Pedro que segue sen saber cando van rematar as obras de Concheiros”. 

A concelleira de CA incidiu en que “a volta de Bugallo tamén se nota nos seus milagres: que o intercambiador pasara a ser unha verdadeira intermodal, que o viario Clara Campoamor pasara a ser óptimo, que a EDAR pasara a ser un proxecto eficiente, ou que o contrato dos comedores fora o mellor posible”. Tamén lembrou os grandes logros de Bugallo: duplicar o gasto en contratos menores, cumprir o período medio de pago a proveedores só en 6 meses de 31, ou acadar récord en licitacións desertas”.

Propostas de futuro

A portavoz municipal de Compostela Aberta aproveitou tamén para sinalar os retos aos que se enfronta Santiago, “e que requiren un goberno con propostas de futuro”. Marta Lois lamentou que se perderan oportunidades como a da nova licitación do lixo ou do servizo de transporte, e incidiu en que urxen medidas para atender problemáticas como as do emprego, a vivenda, a gobernanza do turismo, e as políticas sociais. A concelleira concluiu sinalando que “Compostela non pode perder máis tempo, porque os retos que temos por diante son moi esixentes, e non valen as receitas do pasado que Bugallo e este PSOE representan”.

Documentación
relacionada
Intervención de Marta Lois
Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo