Vertedoiro de Miramontes: CA urxe ás administracións a actuar para facer cumprir a sentenza firme do Supremo

Compostela Aberta reitera o seu apoio á Plataforma de Afectados polo vertedoiro de Miramontes e insta a Bugallo a reclamarlle á Xunta o cese de actividade na canteira
  • Jorge Duarte e Branca Novoneyra participaron na concentración convocada pola veciñanza

Compostela Aberta manifestou hoxe o seu apoio á Plataforma de Afectados polo vertedoiro de Miramontes, e lamentou que “a veciñanza teña que convocar unha concentración porque ningunha administración está facendo cumprir, 70 días despois, a sentenza firme do Tribunal Supremo que prohibe o paso de vehículos pesados pola pista rural que lle da acceso á canteira”. A portavoz municipal de CA urxiu ao alcalde “a non escudarse en cuestións competenciais, porque a súa obriga como representante da cidadanía de Santiago é defender os seus intereses diante de todas as administracións, nomeadamente da Xunta de Galicia”.

Marta Lois considerou “incomprensible” que pola pista de acceso ao vertedoiro de Miramontes sigan circulando vehículos de gran tonelaxe, aínda despois das diferentes sentenzas xudiciais que avalaron a prohibición ditada polo Goberno local durante o mandato de Compostela Aberta. Para a portavoz municipal, “desde que o Supremo se pronunciou ao respecto, hai xa 70 días, non quedan escusas para non actuar con contundencia e impedir o paso destes camións que non teñen autorización, e que se ampararon durante tres anos e medio en que o procedemento xudicial non estaba pechado para seguir transitando pola Grixoa”. A concelleira lamentou a actitude do alcalde “que hoxe mesmo volve falar de cuestións competenciais que á veciñanza pouco lle importan, no canto de exercer a súa responsabilidade e abordar a problemática de Miramontes coas administracións correspondentes”. Neste sentido, instou a Bugallo  a “reclamarlle á Delegación do Goberno que actúe para impedir a circulación de camións, pero sobre todo, a esixirlle á Xunta de Galicia que adopte medidas para pechar o vertedoiro e acabar cunha actividade insalubre como a que nel se desenvolve”.

Na concentración convocada pola Plataforma de Afectados polo vertedoiro de Miramontes participaron este mediodía os concelleiros de Compostela Aberta Branca Novoneyra e Jorge Duarte, que trasladaron á veciñanza o apoio do grupo municipal a todas as súas reivindicacións.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo