A Deputación aproba o primeiro paso para a senda peonil de Figueiras esixida por Compostela Aberta

Este luns aprobouse na Deputación o proxecto da Senda Peonil de Figueiras. Un primeiro paso para unha obra esixida por Compostela Aberta dende comezo deste mandato e que leva sobre a mesa dende hai unha década.

Unha actuación que o bipartito de Bugallo non conseguiu lanzar e que durante a etapa do PP e de Agustín Hernández quedou nun caixón.

Despois da aprobación de hoxe, o proxecto ten que licitarse e adxudicarse, polo que dende Compostela Aberta estaremos vixiantes para dar cumprimento a esta demanda longamente agardada pola veciñanza.

Esta senda peonil é un primeiro paso para conectar Figueiras co centro da cidade. Este tramo conecta o Carme de Abaixo co cruce da estrada do Pedroso.

Dende Compostela Aberta seguimos demandando que unha segunda fase enlace coas sendas xa existentes á altura  do rego de Fontecova para dotar dun acceso peonil seguro aos núcleos de Figueiras.

O proxecto aprobado conta cun importe cercanos a 800.000 euros e inclúe tamén a execución dunha variante no quilómetro 0 da estrada eliminando a perigosa curva actual desde a cal se accede aos centros educativos.

Un pouco de historia
A senda peonil de Figueiras é unha actuación demandada xa dende finais dos 90. O primeiro proxecto que a Deputación presentou data de abril de 2009, cun orzamento algo inferior a medio millón de euros. Este proxecto, que non conectaba cos núcleos de Figueiras senón que remataba ao inicio da estrada ao Pedroso, foi aprobado na sesión plenaria de abril de 2009.

Máis de ano e medio despois, o proxecto non se licitara aínda e a obra quedou no finalmente no caixón ata o 2015. É entón cando Compostela Aberta demanda o seu rescate á deputación despois da petición directa da veciñanza.

Despois da súa revisión, o proxecto de 2009 tivo que descartarse para iniciar un novo proceso que dá hoxe un primeiro paso moi importante. Como dicimos, dende Compostela Aberta estaremos vixiantes para que se cumpra o acordo e non volva quedar nun caixón.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo