Compostela Aberta insta á Deputación a mellorar o proxecto para reformar a estrada da Peregrina

O grupo municipal de Compostela Aberta levará ao próximo Pleno do 17 de xaneiro unha moción na que se insta á Deputación a mellorar o proxecto aprobado para acondicionar a estrada provincial DP 7804 á altura da Peregrina


O grupo municipal de Compostela Aberta levará ao próximo Pleno do 17 de xaneiro unha moción na que se insta á Deputación a mellorar o proxecto aprobado para acondicionar a estrada provincial DP 7804 á altura da Peregrina. O concelleiro Rafael Peña explicou que o obxectivo é que “o Goberno provincial modifique o proxecto para contemplar a construción de beirarrúas, tal e como se lle prometeu á veciñanza da parroquia”.

A Deputación da Coruña aprobou en maio de 2018 o proxecto para o ensanche, mellora do trazado e acondicionamento do firme da estrada provincial DP-7804 ao seu paso pola Peregrina. As obras daríanlle continuidade a unha actuación previa na que outros tramos da mesma estrada foron acondicionados como travesía e, polo tanto, dotados de beirarrúas. No tramo da Peregrina, pola contra, non se contemplan beirarrúas nin sendas peonís, senón tan só cunetas, revestidas e sen revestir.

O concelleiro Rafael Peña explicou que “tal e como está previsto o proxecto non satisfai as demandas da veciñanza da Peregrina, á que se lle anunciou a construción de beirarrúas para mellorar a seguridade peonil nunha zona que está cualificada como solo urbano ou urbanizable, e no que existen numerosas vivendas”. O edil salientou, ademais, que “a actuación de mellora que se vai executar na estrada fai prever que os coches irán máis rápido, e iso incrementara as situacións de risco para os viandantes”.

Rafael Peña lembrou que o proxecto de mellora da DP-7804 ainda non foi licitado, malia a que sí se iniciou o procedemento de expropiación dos terreos precisos para as obras, “polo que aínda estamos a tempo para modificar o proxecto e atender as demandas da veciñanza”. O concelleiro de Medio Rural sinalou que “o proxecto no que está a traballar a Deputación da Coruña é o mesmo que fora asinado en 2011, e o organismo provincial non se preocupou de actualizalo para axustalo á realidade actual, nin sequera despois de que deputados provinciais e concelleiros do PSOE visitaran a parroquia para prometer unha actuación á altura das necesidades da Peregrina”.

Coa moción que será debatida no Pleno, Compostela Aberta confía en que “a Deputación atenda a unha demanda que o Concello de Santiago xa lle ten feito de maneira directa, pero que ata o de agora o organismo provincial só acepta atender nun proxecto posterior polo que previsiblemente habería que agardar anos”.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo