Convocatoria da Asemblea do 19 de Abril e información da Coordenadora do 5 de Abril de 2017

Acordouse a convocatoria da asemblea ordinaria do mes de Abril a celebrar o vindeiro Mércores, 19 de Abril, ás 19.30 horas no CSC do Ensanche (Rua de Frei Rosendo Salvado, 14-16). A orde do dia será a seguinte:

1. Presentación da nova Coordenadora de Compostela Aberta

2. Información sobre o proceso de municipalización do servizo de ORA e Guindastre

3. Información sobre Local

4. Varios

Para alén da preparación da asemblea a Coordenadora continua a traballar noutros temas como a elaboración de materiais e actos informativos, previstos para a primeira semana de Maio, sobre a regularización catastral, e na organización dunha charla sobre a liberdade de expresión que terá lugar o Xoves dia 20 de Abril. Tamén se puxo en andamento a comisión para organizar a festa do segundo aniversario.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo