Debate e reflexión arredor da #CompostelaCiclista

O pasado luns día 20 tivemos ocasión de poñer de comer en común as ideas, propostas, suxestións nunha xornada monográfica arredor da #CompostelaCiclista. Avanzar cara unha cidade máis amigable coa bicicleta require de traballo estructural e a longo prazo coa elaboración do Plan Director ciclable e de medidas concretas que afonden nas conquistas acadadas neste 2017, como as plataformas de agarda avanzadas, aparcabicis, calmado de tráfico, etc…

Os asistentes participamos dun xeito activo, en dúas mesas de traballo, na que expuxemos en común as ideas, propostas, suxestións e marcándonos obxectivos reais, para este 2018.

 

Traballamos desde unha perspectiva transversal, desde as diferentes ópticas do mundo da bicicleta e desde os seus diferentes usos, desde o deporte á mobilidade, pasando polo turismo o lecer e a saúde.

Na xornada contamos coa presenza da concelleira de deportes, Noa Morales, e do concelleiro de mobilidade Jorge Duarte, a quen agradecemos o seu compromiso e impulso na construcción dunha #CompostelaCiclista.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo