II Encontro Municipalista. Compostela 20X

Temos un soño común. O de transformar a vida das nosas cidades. Somos conscientes de que existen intereses moi poderosos no noso país que pretenden limitar o alcance da nosa aposta, por iso debemos traballar arreo para chegar fortes a 2019, sumando esforzos a prol do ben común.

Para iso asistimos ao primeiro encontro en Ourense. Porque estamos convencidos que para transformar o local temos que espallar a nosa vontade de cambio político. Esa é a nosa aposta, cimentar unha alternativa transformadora, participada pola cidadanía, que afonde na radicalización da democracia e que impugne o marco de desigualdade que padecemos.

Durante a mañá, seguiremos traballando en diferentes Grupos de Traballo: repetiremos as mesmas temáticas que en Ourense (organización, institucional e participación), xunto con outro a maiores, centrado nas problemáticas da contorna de Santiago de Compostela. Pola tarde, teremos unha mesa na que sentaremos as prioridades políticas do horizonte 2019, no que falaremos das medidas que xa estamos a levar a cabo dende os gobernos e as liñas de oposición ás políticas do Partido Popular. Podes consultar aqui o programa completo https://compostelaaberta.org/HaiMareas20X-Programa/

A sesión de tarde será retransmitida en streaming na canle de youtube de Compostela Aberta https://www.youtube.com/channel/UCw-wUvR-RQ5P_5Cerya7-Ag/live e poderá facerse seguimento do evento na canle de telegram do encontro https://t.me/HM20X

Participa nesta xornada o sábado 20 de xaneiro en Compostela. Para construírmos en común. Para soñar en común. O 20 de xaneiro #HaiMareas #HaiMareas20X

?? Nota: durante a xornada haberá espazo de atención infantil  para nenas e nenos de 3 a 10 anos.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo