Transparencia Internacional España outorga un rotundo suspenso en transparencia ao Concello de Compostela

O informe elaborado por Transparencia Internacional España sítúa o Concello de Compostela no posto 97 nunha clasificación de 110 concellos do Estado español. Este informe recolle diversos indicadores para medir o grao de transparencia dos concellos avaliados.
O mellor posto ocupa un lamentábel 60 no indicador de relacións coa cidadanía e sociedade e o peor é a posición 105 en transparencia económico-financieira. O resto de postos no ránking son o 97 en Información sobre a Corporación Municipal, 97 en Transparencia na contratación de servizos e 85 en Transparencia en materias de urbanismo e obras públicas.
Así mesmo, constátase o incremento das políticas de ocultación coa chegada do Partido Popular ao poder municipal, xa que no ano 2010, Compostela ocupaba a posición 29 nesta clasificación, baixando ao posto 50 no ano 2012 e terminando o descenso nos infernos da transparencia en 2014.
Estes datos non fan máis que confirmar a necesidade dunha reforma radical nas relacións municipais co conxunto da sociedade e a constatación de que esta mudanza non virá da man dos actuais inquilinos da Casa do Concello. Compostela Aberta defende a figura dun concello con “paredes de cristal”, radicalmente participativo, onde absolutamente todo for de coñecemento público e estiver suxeito baixo o control e debate da cidadanía.
Esta opción, evidentemente, non é a de Agustín Hernández, nin tampouco a do seu partido

Novas
relacionadas

CA esíxelle a Bugallo “información, axudas e compromisos orzamentarios firmes coa veciñanza afectada polo Plan Especial do Camiño Francés”

María Rozas reclama unha oficina de información específica e pide que se prorrogue o prazo de exposición pública do PE-3, “diante da alarma xerada na Lavacolla pola falta de diálogo co Goberno”

Compostela Aberta viabilizará a modificación do PXOM en Peleteiro

Compostela Aberta presenta novas alternativas para desbloquear a Operación Peleteiro

Marta Lois e Jorge Duarte insisten en que “se o proxecto non sae adiante será responsabilidade de Bugallo, como o foi xa en 2019”

Jorge Duarte: “É un grave erro que o Goberno de Bugallo renuncie a revisar o Plan Especial da Cidade Histórica”

O concelleiro de Compostela Aberta urxe ao Goberno a retomar os traballos e a avanzar na implantación do Plan de Xestión aprobado no pasado mandato

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo