#1deMaio Compostela Aberta, lugar de encontro na loita polos dereitos e contra a precariedade laboral

Un ano máis, a clase traballadora saíu ás rúas e prazas da cidade en defensa da fraternidade, do benestar e da Xustiza Social.

Un ano máis, a clase traballadora saíu ás rúas e prazas da cidade en defensa da fraternidade, do benestar e da Xustiza Social. Como lugar de encontro, Compostela Aberta tivo neste 1º de maio representación en todas as manifestacións sindicais da cidade, reivindicando a loita contra a precariedade, a explotación laboral, a fenda de xénero ou as pensións de miseria.

Nesa loita pola mellora do emprego e do benestar, Compostela mellorou todos os indicadores laborais nos últimos catro anos. Poboación ocupada, contratación indefinida, afiliación á seguridade social… Todos estes indicadores están mellor hoxe que no 2015 e no 2011, malia os discursos catastrofistas dos partidos da oposición e dos poderes fácticos e mediáticos que os apoian.

Pero non abonda e queda moito por facer e máis nun contexto onde a ultradereita rexorde cun discurso que vai máis alá incluso das políticas de recortes e sufrimento do Partido Popular. Por iso seguiremos loitando por un Concello que sirva de ferramenta para a recuperación de dereitos e contra a precariedade.

Un Concello máis social que siga colocando o emprego de calidade e o talento no centro da axenda política, que axude ao tecido cooperativo, que impulse axudas sociais e de conciliación na contratación pública, que teña tolerancia cero contra a corrupción, que acompañe nas reivindicacións xustas das traballadoras tanto municipais como das concesionarias e que a administración pública sexa un exemplo e punta de lanza nos avances e nas conquistas laborais.

Por iso temos un enorme reto por diante para que Compostela siga avanzando e conquistando máis futuro para a cidade. Porque as liberdades e os dereitos sociais teñen quen os defendan.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo