O Pleno da Deputación provincial celebrado hoxe aprobou o proxecto de ensanche, mellora de trazado e afirmado da estrada DP 7804, que transcorren polo termo municipal de Compostela entre O Romaño e o cruce sobre o Tambre en Pontealbar.

A actuación afectará aos 3,5 quilómetros iniciais desde a bifurcación coa estrada a Portomouro, no Romaño, ata o lugar de Miramontes. Actualmente, o tramo dispón dunha plataforma de calzada de entre 5 e 6 metros de ancho, que será ampliada a 9 metros de anchura, con beiravías de 1 metro.

Tamén se levarán a cabo melloras puntuais do trazado, por razóns de seguridade viaria. O firme será executado con regos asfálticos, e a intervención inclúe a reposición das obras de drenaxe, de servizos afectados, e a sinalización horizontal e vertical. A actuación ten un importe total de 913.410,49 € para a execución das obras, e de 388.985,78 € para as expropiacións previstas.

O pasado mes de setembro, o Pleno da Deputación aprobou o ensanche da ponte sobre o rego Gatofero, neste mesmo tramo da DP 7804, unha actuación que terá un importe de 400.000 euros.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies