A Xunta Electoral dálle a razón a CA e ordena suspender o envío de cartas da campaña “Santiago Sostible”

O órgano advirte que abrirá expediente sancionador se continúa a distribución das misivas asinadas por Bugallo para falar das melloras do novo contrato de recollida do lixo

Compostela Aberta denunciou a campaña “que se fai coincidir en periodo electoral para informar das supostas melloras dun contrato que leva un ano en funcionamento”

A Xunta Electoral de Zona vén de darlle a razón a Compostela Aberta, que denunciara ante este órgano o envío de cartas aos domicilios particulares de Santiago co lema “Santiago Sostible”. Trátase de misivas asinadas polo alcalde, e candidato do PSOE, nas que se daba conta das “moitas melloras levadas a cabo polo Concello” no servizo de recollida do lixo. A Xunta Electoral ordena a suspensión desta campaña, e advirte da apertura dun expediente sancionador no caso de que non sexa paralizada.

Nas últimas semanas, foron moitos os domicilios particulares que recibiron unha carta asinada por Bugallo, na que se combinaba a imaxe institucional do Concello de Santiago co logo de Urbaser, e na que se falaba do novo contrato do servizo do lixo. Compostela Aberta denunciou esta campaña por entender que o seu contido non tén relación con mensaxes imprescindibles para asegurar o correcto funcionamento do servizo, senón que a súa finalidade é outra. Nese sentido, CA incidía en que a campaña fíxose coincidir co periodo electoral, cando o contrato leva máis dun ano en vigor, e en que a única información incluída era un teléfono de atención que tamén leva un ano en funcionamento. A Xunta Electoral de Zona dálle a razón a Compostela Aberta, posto que as instrucións do órgano prohiben expresamente en periodo electoral “calquera acto organizado ou financiado, directa ou indirectamente, polos poderes públicos, que conteña alusións ás realizacións ou logors obtidos, agás os que resulten imprescindibles para o funcionamento do servizo”. 

Na notificación que foi remitida onte a Compostela Aberta, a Xunta Electoral de Zona informa de que desestimou as alegacións presentadas polo PSOE e que ordena a paralización da campaña. Para Xan Duro, “a decisión da Xunta Electoral deixa máis en evidencia o que xa era evidente: o uso electoralista que fai Bugallo da institución municipal, que mesmo foi denunciado a través das redes sociais por veciños e veciñas que recibiron esta carta”. O responsable de  CA considerou que “o PSOE mesmo comete unha torpeza ao falar dos seus grandes logros nun servizo que está a suscitar moitas queixas, da cidadanía pero sobre todo do persoal da concesionaria que leva semanas denunciando o incumprimento das súas condicións laborais”. 

Xan Duro informou, ademais, de que a Xunta Electoral de Zona tamén lle deu a razón a Compostela Aberta e recolleu as alegacións formuladas contra a denuncia do PSOE sobre uns videos promocionados nas redes sociais de CA da presentación da candidatura. A denuncia foi desestimada, ao entender que non hai ningún incumprimento da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral.

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo