O grupo provincial de Compostela Aberta apoiou no Pleno da Deputación da Coruña a proposta para reclamar a fin do tiro ao pombiño, presentada por Marea Atlántica en colaboración coa Asociación Animalista Libera. Dado o apoio unánime de todos os grupos, a moción converteuse en declaración institucional e foi lida polo seu presidente, Valentín González Formoso.

Como se pode ler na declaración, o denominado “tiro ao pombiño” é unha práctica anacrónica e cruenta que consiste na matanza sistemática de pequenas pombas para divertimento dunha minoría que semella desfrutar da morte de aves ás que se lle recurtan parte das ás ou das colas para que, así, sexa máis sinxelo “atinar na diana”. Animais aos que se mutila por mero divertimento grazas a unha ignominiosa excepción normativa que, na Lei de Protección dos Animais de 1993 se introducíu como forma de cesión cara un lobby que nada ten que ver coa actividade cinexética nen coa sensibilidade maioritaria da cidadanía.

A Asociación Animalista Libera reuniu a día de hoxe máis de 30.000 sinaturas en apoio a esta solicitude que insta á Xunta de Galicia á retirada do apoio aos campionatos de tiro ao pombiño. Tamén se esixe rematar co patrocionio público a esta práctica cruenta e propia de tempos pasados.

Malia isto, a Xunta segue patrocinando esta con cartos públicos esta actividade baseada no maltrato animal a través da Fundación Galicia Deporte.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies