CA demándalle ao Goberno que reforce o programa Colecamiños e o amplíe a novos centros escolares que o demandan

Xan Duro lamenta a falta de impulso ao proxecto no que levamos de mandato “aínda cando o Goberno é consciente de que hai colexios interesados na súa implantación”

Compostela Aberta urxiu hoxe ao Goberno local a “darlle un novo pulo ao programa Colecamiños e a atender as demandas de diferentes  comunidades educativas para que a iniciativa chegue a novos centros escolares, alén dos tres nos que foi implantado no pasado mandato”. O concelleiro Xan Duro lamentou “a falta de interese mostrada polo actual goberno nesta experiencia, que foi pioneira en Santiago e na que no remate do pasado mandato participaban máis de 150 nenos e nenas”

Xan Duro explicou que nos últimos meses “Compostela Aberta tén recollida a demanda de diferentes centros educativos para que se habiliten camiños escolares seguros para o seu alumnado, como é o caso do López Ferreiro, o CEIP de Vite ou o Apóstolo Santiago”. O concelleiro incidiu en que “cónstanos que o Goberno tamén é sabedor de que existe este interese, pero a realidade é que nada tén feito o equipo de Bugallo para impulsar e reforzar os Colecamiños”. De feito, indicou, “neste mandato non se fixo absolutamente nada para mellorar o proxecto, que este Goberno recibiu en pleno funcionamento grazas ao esforzo do departamento de Educación Viaria da Policía Local, con tres colexios participantes e máis de 150 nenos e nenas inscritas na APP do programa”. Para Xan Duro, “a mellor mostra da deixadez do Goberno en relación a esta experiencia pioneira son as escasas referencias ao Colecamiños na web municipal ao longo dos últimos tres anos e medio, unha falta de noticias e de promoción por parte do Concello que podería acabar repercutindo na perda de interese por parte das familias”.

O proxecto de camiños escolares seguros “Colecamiños” naceu para fomentar a autonomía entre os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria, que grazas ao programa poden asistir ao colexio de maneira segura, poñendo en práctica os conceptos de educación viaria que lle son inculcados nas aulas, e recuperando o uso do espazo público. Ao tempo, o programa permite fomentar modos de desprazamento máis sostibles, reducindo o uso do vehículo privado por parte das familias; e mesmo favorece a socialización entre as crianzas. Ao remate do pasado mandato, nos Colecamiños participaban 58 nenos e nenas do CEIP Pío XII, 50 do Raíña Fabiola, e 44 do Ramón Cabanillas.

Documentación
relacionada
PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE O CONCELLO DE SANTIAGO CONTINÚE A IMPULSAR NOVOS ITINERARIOS ESCOLARES SEGUROS E A RECUPERACIÓN DO PROGRAMA ‘COLECAMIÑOS’
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo