O deterioro do pavillón de Santa Isabel

CA denuncia as deficiencias da piscina de Santa Isabel, con zonas perimetradas polos desprendementos do teito

A portavoz de Compostela Aberta lamenta que o Goberno non avanzara nas actuacións previstas no pasado mandato no pavillón municipal

A portavoz municipal de Compostela Aberta denunciou hoxe o deterioro do pavillón de Santa Isabel e mostrou a súa preocupación polos desprendementos que se veñen rexistrando no teito na zona da piscina. María Rozas lamentou a pasividade do Goberno, “que vai pechar o mandato practicamente en branco no que tén que ver coa mellora das instalacións deportivas municipais, sen desenvolver os proxectos que quedaran encamiñados, e sen achegar ningunha solución para os clubs de natación que levan meses denunciando as dificultades ás que se enfrontan para poder adestrar en condicións minimamente aceptables”.

María Rozas visitou a piscina de Santa Isabel acompañada polo presidente do Club de Natación Cidade de Santiago, José Rioseco, e da que fora concelleira de Deportes no Goberno de Compostela Aberta, Noa Morales. A portavoz de CA comprobou o deterioro das instalacións, “con algunhas zonas perimetradas tanto nas gradas como ao carón do vaso, por mor de desprendementos do teito”. Para a concelleira, “urxe acometer unha actuación en Santa Isabel, tal e como o noso Goberno deixara previsto”. Nese sentido, recordou que no pasado mandato “quedara elaborado un informe de deficiencias do pavillón de Santa Isabel e do multiusos de Sar, e descoñecemos se o Goberno do PSOE fixo algún tipo de xestión para abordar as cuestións máis urxentes”. 

Bugallo anunciou en abril a licitación das obras, e nove meses despois nada máis se soubo

Rozas recordou que no pasado mandato, o Goberno de CA iniciou a tramitación do expediente para contratar a redacción do proxecto de mellora das condicións de accesibilidade do pavillón de Santa Isabel, cun orzamento estimado de execución de 650.000 euros, “que o Goberno de Bugallo non chegou a desenvolver, como tampouco executou o proxecto de reparación da cuberta dos vestiarios do campo de fútbol que quedou aprobado cun orzamento de máis de 185.000 euros”. A portavoz de Compostela Aberta lembrou que “mellorar o estado de Santa Isabel foi unha prioridade para nós, e de feito no pasado mandato executouse unha ambiciosa obra de mellora no campo de fútbol na que se investiron 450.000 euros; acometéronse actuacións de mellora da accesibilidade por 75.000 euros, e quedou tamén redactado o proxecto de acondicionamento da praza de acceso, por case 72.000 euros”.

Esperando pola nova piscina

María Rozas incidiu tamén nas dificultades ás que se enfrontan os clubs de natación de Santiago para adestrar en condicións, “cunhas piscinas municipais que están saturadas e que non teñen capacidade abondo para satisfacer as demandas dos deportistas e da cidadanía en xeral”. Nese sentido, salientou que “a piques de esgotarse o mandato seguimos sen noticias do complexo deportivo de Santa Marta, que Bugallo prometeu durante a campaña electoral, presentando incluso un proxecto xa orzado en seis millóns de euros, do que nunca máis se soubo”. Rozas lembrou que “en abril de 2022, o alcalde afirmou que o Goberno estaba ultimando o estudo técnico para sacar a licitación o proxecto para a construción do complexo deportivo que incluiría a piscina climatizada, pero transcorridos nove meses vemos outra vez que as promesas de Bugallo son papel mollado”. Ademais, reiterou que “Bugallo non aclarou cal é o seu modelo para estas instalacións, e para CA é indispensable que se garanta a xestión directa da nova piscina, tal e como xa reclamamos reiteradamente no Pleno”.

Para a concelleira de Compostela Aberta, “é evidente a despreocupación do Goberno, e máis en concreto da concelleira Esther Pedrosa, que nin avanza na dotación dunha nova infraestrutura, nin corrixe as deficiencias das existentes, e nin sequera explora a posibilidade de convenios coa Universidade de Santiago para que os clubs de natación poidan utilizar a piscina universitaria e melloren así as condicións nas que desenvolven a súa actividade”.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo